Saltar

Vivir ao máximo co mínimo

Cando dispós dun só cuarto para todo, a almacenaxe eficiente e os mobles con dobre función son os teus mellores amigos. E lembra, dá igual o xusto que vaias de espazo, o compacto tamén pode ter estilo.

Cuarto con sofá cama aberto, con roupa de cama beixe ou gris escuro, varias unidades de almacenaxe, unha cadeira de brazos beixe e unha lámpada de teito rosa.
Cuarto con sofá cama aberto, con roupa de cama beixe ou gris escuro, varias unidades de almacenaxe, unha cadeira de brazos beixe e unha lámpada de teito rosa.

Almacenaxe á túa medida

Un bo consello para un apartamento dun só cuarto é elixir un sistema de almacenaxe que se poida adaptar facilmente a espazos pequenos e complicados. Ponos altos e baixos, mesmo por riba da cama, para conseguires todo o espazo que precisas.

Velaquí o sistema PLATSA
Velaquí o sistema PLATSA

Exprésate con coxíns

Despois de transformares a túa cama nun diván (chámalle sofá se o prefires), engádelle uns coxíns para completar a transformación. A túa propia combinación de cores, estampados, lunares e raias pode ser unha declaración de estilo.

Velaquí todos os coxíns e as súas fundas
Velaquí todos os coxíns e as súas fundas

As mesas auxiliares nunca veñen soas

Nun espazo pequeno, o máis práctico é ter varias mesas auxiliares pequenas que sirvan para varias cousas. Mesa de centro, mesa para xogos ou mesa para almorzar na cama? Mesmo as podes pór xuntas para un pícnic na alfombra con amigos.

Velaquí todas as mesas para o café e auxiliares
Velaquí todas as mesas para o café e auxiliares

Un espello para dar amplitude

Un espello grande fai que a estancia semelle máis ampla, non só porque crea sensación de amplitude, senón porque reflicte a luz. Ademais, co marco adecuado, pode darlle un toque de estilo ao cuarto.

Velaquí todos os espellos
Velaquí todos os espellos

Cama, sofá, sofá cama, cama sofá...

Un sofá cama extensible que se converte facilmente nunha cama para un ou dous é a solución ideal para os espazos pequenos. Pola mañá, garda a roupa de cama nos caixóns de debaixo e xa o tes, agora volve ser un sofá...

Velaquí todos os diváns
Velaquí todos os diváns

Come, traballa, xoga

Unha mesa multiúsos que sexa o centro da vida diaria pode ser elegante e casar co estilo do cuarto. Con follas abatibles e un práctico caixón é a mellor opción para un espazo pequeno.

Velaquí todas as mesas e escritorios
Velaquí todas as mesas e escritorios

Compacto si, elegante tamén

Algunhas cousas simplemente deberían ter o espazo que precisan, como unha cadeira de brazos na que gozar de momentos confortables para ti ou para ofrecer a un invitado o mellor asento. E xa que vas ter unha cadeira de brazos, escolle unha con moita clase.

Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues
Velaquí todas as cadeiras de brazos e chaiselongues