Saltar

As cores dos dormitorios segundo a ciencia

Os estudios demostran que as cores afectan o estado de ánimo e a mentalidade das persoas. Presentámosche varios xeitos de pór en práctica a teoría. Pode que non durmas mellor, pero de seguro que che darán unha morea de ideas para encher o teu dormitorio de cor.

Unha cama MALM con roupa de cama, entre ela a roupa de cama LUKTJASMIN en verde escuro en fronte dunha parede verde nun dormitorio.
Unha cama MALM con roupa de cama, entre ela a roupa de cama LUKTJASMIN en verde escuro en fronte dunha parede verde nun dormitorio.

O verde da tranquilidade

Co verde relaxaraste máis e mellor. Pode axudar a mellorar os tempos de descanso, mesmo se non é para ti, talvez para os membros máis pequenos e enérxicos da familia.

Velaquí toda a roupa de cama
Velaquí toda a roupa de cama

Conecta coa natureza con cores terra

Os tons terra e naturais son relaxantes e acolledores, e dan un toque caseiro ao teu cuarto. Ademais, crean unha conexión entre o exterior e o interior xa que dan un toque de natureza ao teu cuarto, mesmo se estás no centro da cidade.

Velaquí toda a roupa de cama
Velaquí toda a roupa de cama

O creativo benestar do azul

O azul ten un efecto relaxante similar ao do verde, mais disque o azul aumenta tamén a creatividade. E se che gusta facer encrucillados na cama... por que non probas a combinar as dúas?

Velaquí todos os coxíns
Velaquí todos os coxíns

Alédate coa cor amarela

Por que non pór unha nota de cor no teu cuarto con tons ledos de amarelo? Podes probar un efecto completo ou engadir tons amarelos con produtos téxtiles, pintura de parede ou mobles. Espertar e ver cores amarelas pode encherte de confianza e optimismo: un bo xeito de comezar o día.

Velaquí todos os xogos de fundas de edredón
Velaquí todos os xogos de fundas de edredón

Vermellos apagados e cálidos

Os vermellos apagados son máis parecidos aos tons marróns, mais seguen a ter a capacidade de dar enerxía e calidez ao teu cuarto, algo moi necesario nas mañás frías. Utilizar roupa de cama e pintura de parece para crear bloques de cores que che inspiren darache folgos e ánimos polas mañás e polas tardes.

Velaquí toda a roupa de cama
Velaquí toda a roupa de cama

Todo branco e fresco

Un dormitorio totalmente branco é una decisión intelixente, pois aumenta a sensación de amplitude e luminosidade e mais de frescura. Este cuarto ten diferentes formas e texturas co fin de engadir detalles interesantes e estilísticos. Preocúpache que un cuarto totalmente branco che faga acordar moi cedo? Podes engadir cortinas escuras ou estores para evitar a luz.

Velaquí todas as cortinas e estores
Velaquí todas as cortinas e estores