Saltar

Almacenaxe para as residencias de estudantes

Como te organizas nun espazo pequeno nunha residencia de estudantes? Todo depende da almacenaxe e de ter a que máis che conveña. Prefires agochar as túas cousas ou telas á vista? Bota unha ollada ás nosas solucións con caixóns, estantes e almacenaxe combinadas cunha cama para aproveitares ao máximo un espazo pequeno.

Cuarto de estudante en tons pastel cunha cama no centro con almacenaxe integrada na parte inferior e almacenaxe con roupa pendurada nos pés.
Cuarto de estudante en tons pastel cunha cama no centro con almacenaxe integrada na parte inferior e almacenaxe con roupa pendurada nos pés.

Agochado a simple vista

Os papeis e os accesorios soltos poden causar unha sensación de desorde. Por que non os gardas nunhas bonitas caixas de almacenaxe de cores? Moitísimo máis bonito!

Velaquí máis caixas e organizadores de papel
Velaquí máis caixas e organizadores de papel

Almacenaxe que serve para moitas cousas

Flexibiliza o teu cuarto cunha unidade de almacenaxe robusta que se pode utilizar como colgadoiro de roupa, estantes e divisor do espazo. É estupenda para cando repartes o espazo. Cambia a súa función e móvea até outro recuncho, ou mesmo ao teu próximo enderezo!

Velaquí máis da colección RÅVAROR
Velaquí máis da colección RÅVAROR

Un fogar para os libros e a roupa

Precisas un bo sitio para gardar todos os teus libros de estudo, ao igual que necesitas outro para a roupa. Propoñémosche que combines estantes para os libros con caixóns para a roupa nunha mesma unidade! Coloca os libros favoritos á vista e garda os cadernos nunha carpeta colgante preto da cadeira.

Velaquí todas as librarías e estantes
Velaquí todas as librarías e estantes

Á man ou almacenado

Elixe almacenaxe aberta con estantes para gardar as cousas cotiás que precisas ter máis á man, como a louza ou os utensilios de cociña, e agocha os teus traballos e experimentos universitarios máis secretos nos caixóns.

Velaquí máis estantes
Velaquí máis estantes

Maximización do espazo

Aproveita tamén o espazo de debaixo da cama con caixas de almacenaxe perfectas para a roupa de cama, os zapatos e mesmo libros de estudo e deberes antigos.

Velaquí máis caixas para roupa
Velaquí máis caixas para roupa