Equilibrio no dormitorio

O primeiro paso para levar unha vida equilibrada debe de ser espertar nun dormitorio equilibrado, non si? Ensinámosche a crear unha mestura ideal de estilo e almacenaxe para gozar dun dormitorio bonito á vez que práctico.

As cortinas GUNRID serven para cubrir os armarios abertos, pero hai algo máis: tamén purifican o aire!

Caixóns de gran tamaño, estantes abertos e un espazoso banco... a estrutura de cama PLATSA ofrece moito máis ca un bo descanso.

Queres poder verte dende todos os ángulos? Convirte o espello NISSEDAL en xiratorio colgándoo das bisagras que se inclúen.

Co armario PLATSA e o colgadoiro extensible LÄTTHET poderás optimizar e personalizar a almacenaxe de roupa e calzado.

Robusto, con estilo e fácil de mover: O colgadoiro TURBO con rodas é a solución de almacenaxe ideal para as chaquetas e abrigos de inverno máis pesados.

Os taboleiros de caravillas e accesorios SKÅDIS serven para gardar os artigos para coidar a roupa de xeito organizado e sen ocupar moito espazo.