Saltar

Mobles para baño deseñados para espazos pequenos

Maximiza o espazo do teu baño coa nova serie HEMNES Creada en colaboración con clientes que viven en espazos pequenos. Bota unha ollada!

Baño con paredes de madeira escura cuberto de orixinais espelliños e mobles de baño HEMNES en branco.
Baño con paredes de madeira escura cuberto de orixinais espelliños e mobles de baño HEMNES en branco.

Deseño multifuncional para calquera cuarto

O banco HEMNES é moito máis que un sitio onde sentar. Ten ganchos, un toalleiro de barras e un banco no que agochar a coada ou gardar as toallas limpas. Aínda que se desenvolvese orixinalmente para o baño, tamén se pode poñer, por exemplo, nun corredor para colgar abrigos.

Ver todas as guías e soportes
Ver todas as guías e soportes

Optimiza os teus accesorios

Unha mestura de almacenaxe aberta e pechada significa que disporás de moito espazo para agochar, gardar e amontoar con estilo téxtiles e produtos esenciais para o baño. Enche un caixón profundo con caixas funcionais para que sexa aínda máis útil.

Ver toda a serie de baño HEMNES
Ver toda a serie de baño HEMNES

Deseño estreito

En baños pequenos, aproveita ao máximo a parede para dispoñer de aínda máis espazo de almacenaxe. Grazas ao seu deseño estilizado, o estante de parede HEMNES cabe en calquera espazo, mesmo detrás da porta.

Ver toda a almacenaxe para baños
Ver toda a almacenaxe para baños

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.