Saltar

Unha marabilla de cuarto de baño para dous

Velaquí un cuarto de baño elegante para que se preparen dúas persoas á vez. Seica é imposible, dis? Pois non o é cun conxunto de mobles para o cuarto de baño cunha chea de almacenaxe e de espazo no mesado, ganchos prácticos e organizadores que tamén funcionan como elementos decorativos, e caixas para ter todo ordenado.

Conxunto de mobles brancos para o cuarto de baño, ganchos negros na parede, almacenaxe aberta con toallas, perfumes, un bonsai e un albornoz.
Conxunto de mobles brancos para o cuarto de baño, ganchos negros na parede, almacenaxe aberta con toallas, perfumes, un bonsai e un albornoz.

Rutinas das mañás sen complicacións

Unha estrutura base aberta ao carón do lavabo fornece un valioso espazo no mesado para prepararte. Con almacenaxe aberta e pechada haberá espazo dabondo para as cousas de todos. Ademais, se deseñar o cuarto de baño de cero non é o teu, xa combinamos nós as pezas adecuadas para que poidas centrarte na parte divertida, a de elixir as cores e o estilo.

Velaquí todos os conxuntos de mobles para o baño ENHET
Velaquí todos os conxuntos de mobles para o baño ENHET

Estantes perfumados

Organiza e exhibe os teus frascos de perfume nun estante xiratorio que se fixa con facilidade aos marcos ENHET. Con isto consegues almacenaxe adicional e un elemento decorativo. Elíxeo nunha cor rechamante para que destaque.

Velaquí todos os organizadores ENHET
Velaquí todos os organizadores ENHET

Quedarás marabillado

Estes ganchos son moi prácticos. Ademais, se os colocas en filas ordenadas, converteranse tamén nun rechamante elemento de deseño do cuarto de baño.

Velaquí todas as toallas e toalleiros
Velaquí todas as toallas e toalleiros

Bos días, que teñas un día marabilloso!

Un corazón enorme que che saúde todas as mañás é un bo recordatorio das cousas boas que ten a vida. O deseño atrevido desta cortina de ducha dá un toque moderno (e acolledor) a calquera carto de baño.

Velaquí todas as cortinas de ducha
Velaquí todas as cortinas de ducha

Cóidate coas túas mellores toallas

Mestura e combina toallas en tons neutros para acadar un aspecto agradable. Son suaves, absorbentes e están feitas de algodón 100 % de orixe sostible. Ademais, son estupendas para o cuarto de baño e boas para o medio ambiente.

Velaquí todas as toallas
Velaquí todas as toallas

Acabáronse as buscas de pinzas do pelo

Utiliza tarros e caixas de almacenaxe para gardar os obxectos pequenos de maquillaxe, as pinzas do pelo e os pinceis e de paso manter o cuarto de baño ordenado. Ademais, así será máis sinxelo atopalos cando os precises.

Velaquí todas as caixas e cestos para o baño
Velaquí todas as caixas e cestos para o baño