Saltar

Un baño pequeno cunha gran organización

Funcional, doado de personalizar e ao alcance de todos. Presentámosche ENHET, unha serie de baño flexible, con almacenaxe aberta e pechada, un espello corredizo, uns elegantes andeis xiratorios e máis para axudarche a conseguir o baño dos teus soños (e os da túa parella!).

Un baño con mobles de baño en cor negra/branca, un xogo de ducha cromado, toallas rosa claro e unha porta de cristal para a ducha.
Un baño con mobles de baño en cor negra/branca, un xogo de ducha cromado, toallas rosa claro e unha porta de cristal para a ducha.

Espazo abondo para as cousas de todos

Mobles con múltiples funcións, como un espello corredizo con espazo de almacenaxe detrás, facilitan compartir o baño con alguén máis. E o que é mellor, podes agochar rapidamente os andeis de baño máis desordenados!

Velaquí todos os conxuntos de mobles para o baño ENHET
Velaquí todos os conxuntos de mobles para o baño ENHET

Almacenaxe adicional de inmediato

Só tes que acoplar o andel xiratorio ENHET ao marco metálico (non son precisas ferramentas) para ter os artigos do aseo á man. Con dúas bandexas, fai un uso eficiente do prezado espazo do andel.

Velaquí todos os accesorios para o baño ENHET
Velaquí todos os accesorios para o baño ENHET

Caixas ordenadas para unha mente ordenada

Acabáronse as buscas de pinzas do pelo! Un par de caixas transparentes en distintos tamaños axudaranche a organizar e encontrar os teus produtos de beleza e accesorios máis pequenos.

Velaquí todas as caixas e cestos para o baño
Velaquí todas as caixas e cestos para o baño

Para as cousas ás que non lles gustan as duchas

Esqueces quitar as xoias antes de meterte na ducha? Pon unha bandexa no toalleiro para te lembrares dun xeito práctico e sinxelo!

Velaquí todos os accesorios para o baño
Velaquí todos os accesorios para o baño