Saltar

Un baño con acubillo para dous

Soñas cun novo baño, mellorado e moderno, para dous? O xogo de mobles para o baño ENHET, con almacenaxe pechada e aberta, ofrece unha harmonía fermosa e funcional ao alcance de todos. E todo envolto nunha elegante simplicidade escandinava.

Baño con azulexos brancos, dous espellos redondos, dous lavabos en gris e branco, un carriño negro e tres lámpadas de parede.
Baño con azulexos brancos, dous espellos redondos, dous lavabos en gris e branco, un carriño negro e tres lámpadas de parede.

Organización do baño intelixente e elegante

Os andeis abertos de baño permítenche ter todas as túas cousas á man. E para o resto das cousas (menos bonitiñas)? Gárdaas en armarios!

Velaquí toda a serie de baño ENHET
Velaquí toda a serie de baño ENHET

Almacenaxe para colocar en calquera lugar

O carriño NISSAFORS é un fiel compañeiro no baño, que se asegura de as túas cousas estaren sempre ao alcance da man. Podes movelo con facilidade, onde queira que precises almacenaxe adicional.

Velaquí todos os carriños para baño
Velaquí todos os carriños para baño

Bos días, que ben te ves!

As lámpadas de parede a cada lado do espello do baño fornecen un reflexo sen sombras e iluminan o teu rostro de xeito uniforme, facilitando así o afeitado ou maquillaxe.

Velaquí toda a iluminación para baños
Velaquí toda a iluminación para baños

Fresco, calmo e coordinado

Elixir accesorios de baño, como os dispensadores de xabón e os portacepillos de dentes, da mesma serie e paleta de cores, axudan a manter unha aparencia uniforme (mesmo se precisas un par de cada un!).

Velaquí todos os accesorios para o baño
Velaquí todos os accesorios para o baño

Mesmo o cepillo de baño ten un toque escandinavo

Investir nas necesidades do baño pode semellar aburrido, pero elixir cousas da mesma serie pode axudar a crear unha atmosfera con estilo.

Velaquí todos os accesorios para o baño
Velaquí todos os accesorios para o baño