Un baño alegre e colorido

Ideas de almacenaxe intelixentes e flexibles, cores alegres e intensas, espazos para ti e a túa parella... Abofé que este baño che fará sorrir.

Un caixón para ti e outro para a túa parella. Un espazo para cadaquén fai máis fáciles de levar as rutinas dun baño compartido. Os organizadores transparentes fano todo máis sinxelo.

O armario de parede GODMORGON é pouco profundo, polo que non ocupa moito espazo (é perfecto para un baño pequeno!).

As toallas de felpa VÅGSJÖN, de fibras tecidas e cores intensas, son agarimosas e absorbentes. Ademais, secan axiña.

As ventosas combinan ben coas baldosas (ou co vidro!), xa que che permiten cambiar de sitio os sistemas de almacenaxe do baño cando ti queiras.

O colgadoiro BROGRUND para porta permíteche aproveitar un espazo morto para convertelo nun lugar de almacenaxe para batas ou o que ti queiras.