Solucións compactas para agochar o que non queiras ter á vista

Unha combinación de baño e cuarto para coada ofréceche unha solución compacta e flexible para que todo estea no seu sitio (e sen que pareza que todo está en desorde!). O lavabo LILLÅNGEN inclúe prácticos accesorios e as cortinas de ducha permiten agochar a coada facilmente.

Seccións BOAXEL con cestos, colgadoiros e tendais arredor dunha lavadora para crear unha zona de coada.

Unha solución personalizada para a coada? Si, por favor! O sistema de almacenaxe BOAXEL pode axustarse ao espazo de baño e ás túas necesidades para a coada.

O tendal MULIG é pregable, polo que non ocupará moito espazo cando o teñas gardado.

Duplica o teu espazo de almacenaxe! Pódense montar dous armarios altos LILLÅNGEN, un a carón do outro, para pendurar batas ou toallas nos prácticos ganchos laterais.

O cesto para a coada TORKIS ten dous compartimentos separados que che axudarán a dividir a coada e, como se pode dobrar, non precisarás demasiado espazo para gardalo.

Os ganchos de altura axustable son perfectos para os membros da familia que aínda están a medrar. Podes cambiar de sitio os ganchos con ventosa TISKEN tantas veces como queiras.