Estilo e tranquilidade combinados

Ter as cousas á man facilita as rutinas no baño e contar cunha decoración adaptada aos propios gustos incrementa o benestar. Ensinámosche como crear un baño ben planificado sen renunciar ao teu estilo.

Un pracer para a vista: as caixas GODMORGON axudan a ter todo ben organizado e presentado nos caixóns do baño.

Quen ía pensar que os bastonciños de algodón puidesen resultar decorativos? Cos tarros con tapa SAXBORGA terás as cousas ordenadas de xeito práctico á vez que decorativo.

Garda os teus artigos de hixiene e beleza fóra da vista, pero á man, para darlle unha aparencia ordenada ao baño.

Garda as cousas que uses a miúdo, como as toallas e os perfumes, en estantes abertos para chegar a elas facilmente.

O toalleiro VILTO é perfecto para os espazos reducidos; ademais, a madeira de bidueiro dálle un toque cálido e natural ao baño.

Coas luces de intensidade regulable pódese alternar entre a luz cálida e a fría, así que personaliza a iluminación do baño co control remoto TRÅDFRI e as luces LEPTITER.