Saltar

Como darlle un aire fresco ao teu cuarto de baño cun presuposto

Grazas aos elegantes mobles, accesorios e téxtiles en tons divertidos este baño vén cargadiño de estilo. Demostra que ter un espazo pequeno non é impedimento para gozar dun cuarto de baño estupendo e organizado, todo a bo prezo.

Armario para o lavabo branco, unha billa negra, azulexos brancos con xuntas amarelas, unha cortina de ducha azul escuro e ganchos con toallas.
Armario para o lavabo branco, unha billa negra, azulexos brancos con xuntas amarelas, unha cortina de ducha azul escuro e ganchos con toallas.

Compacto, cómodo e fresco

Este pequeno armario para o lavabo é perfecto para os espazos pequenos: non ocupa moito sitio e ten unha chea de almacenaxe na parte inferior.

Velaquí todos os toucadores de baño
Un armario para lavabo e un vertedoiro brancos, unha billa negra, azulexos brancos con xuntas amarelas e ganchos con toallas.
Velaquí todos os toucadores de baño

Unha billa inigualable

Unha billa cun deseño inigualable. E non só iso, tamén é ecolóxica porque todas as nosas billas inclúen aireadores que permiten o fluxo de auga xusto ao tempo que reducen o consumo de auga e enerxía.

Velaquí todas as billas
Vertedoiro branco, unha billa negra e un soporte branco para cepillos de dentes e un dispensador de xabón enriba dunha bandexa.
Velaquí todas as billas

Mesmo o cepillo de baño ten un toque escandinavo

O deseño sinxelo e elegante deste cepillo de baño dá un toque de estilo ao entorno. O mellor é que o cepillo é intercambiable, así que non será necesario tirar ao lixo o soporte cando os filamentos se desgasten.

Velaquí todos os cepillos de baño
Soporte para o cepillo de baño ao carón dun inodoro, un soporte negro para rolos de papel e azulexos brancos con xuntas amarelas.
Velaquí todos os cepillos de baño

Canto podes almacenar detrás dunha porta?

Moitísimas cousas! Estes armarios altos collen nos recunchos máis estreitos e poden almacenar unha chea de toallas, rolos de papel e artigos de baño sen necesidade de ocupar moito espazo do chan. Demostran que o bo deseño colle en calquera parte.

Velaquí todos os armarios altos para baño
Xunto a unha porta azul, dous armarios altos brancos nun recuncho con toallas dobradas, rolos de papel e artigos de baño no interior.
Velaquí todos os armarios altos para baño

Quedarás marabillado

Este colgadoiro para a porta permíteche aproveitar ao máximo un espazo non utilizado. Podes pendurar toallas e albornoces sen facer buratos. Facilísimo.

Velaquí todos os ganchos
Colgadoiro branco pendurado dunha porta azul, cunha toalla e un albornoz nos ganchos. Azulexos brancos e xuntas amarelas.
Velaquí todos os ganchos

Un estante de esquina intelixente

Coloca os teus xampús e xabóns onde os poidas coller facilmente, sen necesidade de facer buratos. Estes estantes de esquina teñen fortes ventosas que non se despegarán das superficies lisas como o vidro ou os azulexos, agás se queres quitalas. Tamén teñen uns prácticos buratos na parte inferior para que poida pasar a auga.

Velaquí a serie TISKEN
Dous estantes de esquina brancos con ventosas con botes de xampú e xel e unha esponxa de baño.
Velaquí a serie TISKEN

Todo o que precisas para o teu cuarto de baño ideal

Gústache o que ves? Velaquí todos os produtos que precisas para crear un pequeno cuarto de baño elegante e cunha chea de almacenaxe.

Velaquí todos os produtos para cuartos de baño
Velaquí todos os produtos para cuartos de baño