Almacenaxe pechada e con estilo

Garda as túas cousas en caixóns e armarios pechados para te asegurares de que o baño estea sempre ordenado e transmita sensación de serenidade. O lavabo GODMORGON/RÄTTVIKEN ofrece espazo de almacenaxe á man xusto onde o precisas: no espello do baño.

O armario con espello GODMORGON é pouco profundo, pero grazas á súa altura, permite gardar unha chea de cousas

O lavabo GODMORGON/RÄTTVIKEN ten espazosos caixóns con sitio para gardar unha chea de cousas, e o bidueiro dos laterais transmite unha sensación de calidez.

O elegante estante para ducha VOXNAN é resistente, duradeiro e fácil de limpar. Permíteche ter todo o que precisas á man mentres te duchas.

As túas candeas e flores (artificiais ou non!) lucirán aínda máis bonitas nestes floreiros e campás de vidro.

O cesto para a coada BRANÄS ten pés de plástico, (perfectos para cando o chan está mollado) e pode quitárselle o forro, polo que podes levar a coada á lavadora moi facilmente.