Pasar ao contido principal

Como elixir materiais máis sostibles

Queremos que, para o 2030, todos os materiais dos produtos IKEA sexan renovables ou reciclados. Mesmo hoxe en día, é máis doado que nunca atopar produtos para o fogar/de decoración sostibles de gran calidade. De feito, 60 % da gama de produtos IKEA xa contén materiais renovables.

Catro exemplos de materiais para o fogar/de decoración quedan ao descuberto, revelando unha superficie de madeira, e volven de seguido á súa posición orixinal.
Video: Unha palla de papel branca nun vaso de agua con froitas de cores brillantes, que mudan varias veces ao longo dunha animación cadro por cadro.

Novos xeitos de pensar no plástico

O plástico ten moitas vantaxes: é resistente, duradeiro, lixeiro e versátil. Porén, desfacernos del pode ser un problema, ademais de contaminante. A solución é atopar alternativas máis sostibles sempre que sexa posible.

Á fin e ao cabo, fai falta unha palla de plástico cando unha de papel (feita a partir de madeira de bosques de xestión sostible) pode desempeñar a mesma función?

Con esta idea en mente, a gama de produtos para o fogar/de decoración e as zonas de servizo de comidas de IKEA comezaron a eliminar gradualmente os artigos de plástico dun só uso a comezos de 2020. Os materiais utilizados en produtos non reutilizables como pallas, cubertos, cuncas e pratos, agora proveñen de fontes sostibles.

Nos casos en que aínda é preciso utilizar plástico, o obxectivo é utilizar unicamente plástico renovable ou reciclado a partir de 2030 ou antes. O plástico PLA (ácido poliláctico), por exemplo, está feito de fontes renovables como o millo, a remolacha azucreira e a cana de azucre.

Velaquí a palla FÖRNYANDE
Video: A parte superior dunha cama cunha cabeceira, disposta con roupa de cama e almofadas que mudan o tamaño e a cor conforme a cámara vai facendo unha panorámica.

Materiais naturalmente mellores

Moitas persoas prefiren utilizar materiais naturais no fogar, sobre todo nos produtos téxtiles que están en contacto coa pel.

Non sorprende, xa que logo, que o algodón sexa unha elección popular no dormitorio e no cuarto de baño. Dende 2015 todo o algodón dos produtos IKEA provén de fontes máis sostibles. Isto significa que a produción precisa menos pesticidas e fertilizantes. Segue a realizarse un traballo arduo polo desenvolvemento de prácticas de cultivo máis eficientes e dunha mellor xestión da auga.

A filosofía de IKEA é que menos restos implican prezos máis baixos. E quizais unha práctica aínda máis sostible é deixar voar a creatividade cos propios refugallos. O xacinto de auga, a casca do coco e o xunco mariño adoita tratarse como malas herbas ou refugallos. Porén, estes e outros materiais renovables poden converterse en produtos útiles e únicos.

En resumo, podes escoller entre moitas fibras naturais con tranquilidade. Tamén podes gozar de toda a comodidade, personalidade e resistencia que mellora a túa vida no fogar (sabendo que se está a coidar tamén a natureza).

Velaquí toda a roupa de cama
Video: Un armario IVAR de piñeiro montado na parece cunha porta lixeiramente aberta, con obxectos no interior e a parte superior cambiante grazas a unha animación.

Traballo sensato coa madeira

Preguntácheste algunha vez por que ves tanta madeira na gama de produtos IKEA, como o sistema de almacenaxe IVAR de piñeiro macizo?

A madeira é un gran material co que crear mobiliario robusto e duradeiro cheo de carácter. Podes lixar, tinguir ou pintar os mobles para incrementarlles a vida útil. Eventualmente, podes mesmo converter a madeira en algo completamente diferente.

O mellor de todo é que a madeira é un recurso renovable (se se deixa medrar e se utiliza de xeito responsable). Toda a madeira de IKEA cumpre co Estándar forestal IWAY (IWAY Forestry Standard), que proscribe fontes implicadas en conflitos forestais ou colleitas ilegais. E para finais de 2020, toda a madeira terá a certificación do FSC (Consello de Administración Forestal).

Con este material duradeiro, renovable e reciclable, tan xeitoso visualmente e en canto ao uso, os mobles de madeira serán unha elección sostible. E durante moito tempo.

Velaquí o sistema IVAR