Pasar ao contido principal

Como escoller mobles que duren máis

Para o 2030, cada un dos produtos IKEA será potencialmente un produto cun novo uso ou reparable, reutilizable, revendible e reciclable. Claro que mesmo hoxe adoita haber un xeito sinxelo e satisfactorio de aumentar a vida útil dos teus mobles antes que mandalos ao lixo.

Unha animación cadro por cadro mostra unha cadeira de piñeiro IVAR pintada rapidamente en verde e convertida a continuación nun soporte para unha planta nun testo.
Video: Unha secuencia mostra tres lonxitudes distintas dunha cama extensible MINNEN para crianzas.

Mobles que se adaptan ao futuro

A medida que a familia medra, o teu estilo de vida muda ou gustos maduran, seguramente agradezas que os mobles sexan modulares. No canto de facer unha gran compra previa que posteriormente terás que substituír, podes engadir simplemente os módulos que precisas, no momento e na forma en que os precises. Os mobles modulares poden ser un xeito económico de asegurarse de que podes adaptar os teus produtos para o fogar/de decoración a un novo xeito de vivir.

Calquera moble que sexa duradeiro e multifuncional pagará a pena co tempo. Por exemplo, cunha cama con almacenaxe integrada poderás gozar durante moitos anos dun bo descanso e dun dormitorio menos desordenado á vez.

Os produtos que se adaptan aos cambios son quizais máis útiles aínda cando convives con nenos, aos que o mobiliario rapidamente lles queda pequeno. A cama extensible MINNEN axuda a evitar os problemas derivados de mercar unha cama nova cada vez que alguén medra "de máis".

Velaquí todas as camas extensibles
Video: Unha muller limpa o brazo dun sofá gris claro, pecha a cremalleira dunha funda de coxín gris escuro e, deseguido, senta no mesmo sofá, agora cunha funda vermella.

Mobles novos ou mobles renovados?

Co pasar do tempo, os mobles aos que deches un uso considerable poden mostrar signos de desgaste do día a día. A miúdo é posible darlles un sopro de vida con moi pouco gasto e esforzo.

Se o teu sofá ten fundas lavables ou intercambiables, por exemplo, podes darlle facilmente un novo toque sempre que teñas ganas. Poderás manter sempre o sofá limpo e renovado, ou reinventar o seu aspecto por completo cambiando as cores e os estampados.

Unha man de pintura ou de tintura pode aumentar a durabilidade dos mobles de madeira como mesas, cadeiras e sistemas de almacenaxe. Resistirán mellor os golpes e rabuñaduras do uso diario.

Velaquí todas as fundas adicionais para sofás
Video: Conforme a cámara vai facendo unha panorámica sobre unha mostra ordenada de recambios IKEA, unha man achégase e colle un deles.

Podes arranxalo? Si, si que podes

O tempo pasa factura mesmo nos produtos máis duradeiros. Pero a miúdo só precisas facer pequenos arranxos para conseguir que esa cadeira, mesa ou sofá volva cumprir súa función. E non precisas ser un experto para iso. Posiblemente organices primeiro os mobles para ter claro que é cada cousa.

Tendo isto claro, atoparás a maioría de recambios que poidas precisar en atención ao cliente IKEA. Moitas persoas gozan da satisfacción de arranxar e reutilizar os mobles antes ca tiralos. O teu peto e o medio ambiente tamén percibirán as vantaxes.

Co lanzamento do servizo de recompra e revenda de IKEA, recibirás crédito para utilizar na tenda e darás unha segunda vida aos teus mobles de IKEA usados. Non precisarás reciclar nin tirar os obxectos vellos se os produtos están en condicións aptas para a revenda.

Velaquí todas as ferramentas e accesorios