Pasar ao contido principal

Como comer de xeito máis sostible

A comida desempeña un papel esencial na saúde humana e ten un grande impacto no medio ambiente, dende a produción ata o seu procesamento e retirada. Ao optar por máis escollas vexetais saborosas, económicas e saudables, podes reducir a pegada de carbono facilmente.

Un coitelo corta rapidamente tomates e cebolas tenras nunha táboa de cortar verde e branca, a carón da cal hai outros ingredientes e útiles.
Video: Doce albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL suspendidas no aire enriba dunha tixola brillante de aceiro inoxidable, diante dunha parede beixe.

Unha nova alternativa ás albóndegas tradicionais

Moitas persoas saben que os alimentos de orixe vexetal teñen un impacto medioambiental considerablemente menor cá carne e cós produtos lácteos. A miúdo cométese o erro de pensar que estas escollas máis sostibles sempre van en detrimento do sabor e da textura.

Por exemplo, o gran sabor das albóndegas de IKEA faise patente pola súa popularidade: cada ano cómense arredor de mil millóns. A albóndega de proteína vexetal HUVUDROLL é unha alternativa totalmente vexetal capaz de satisfacer ata o máis empedernido amante da carne. De feito, é posible que non aprecies ningunha diferenza con respecto ás albóndegas tradicionais ao botarlle o dente a unha destas albóndegas. E aínda así, contribúe unicamente a 4 % da pegada climática.

Para aqueles que aínda teñan dúbidas, a albóndega de proteína vexetal HUVUDROLL demostra que unha alimentación máis sostible pode ser nutritiva e estar chea de sabor.

Velaquí as albóndegas de proteína vexetal HUVUDROLL
Video: Dous caldeiros do lixo para reciclaxe HÅLLBAR brancos, coa tapa dun deles aberto e unha man en primeiro plano botando algo nun bote.

Dá unha nova vida ao lixo

Mesmo se mantés un estilo de vida sobrio, sempre producimos unha certa cantidade de refugallos asociados aos alimentos. Aínda así, podes xestionar estes subprodutos de xeito que reduzan o lastre que supoñen para o medio ambiente.

Se tes un xardín ou un balcón, podes facer compost a partir da maior parte dos restos da cociña e evitar que acaben nun vertedoiro. E por que non cultivas as túas propias verduras a partir das raíces, que doutro xeito tirarías ao lixo? Podes poñer a parte inferior dunha leituga ou dunha cebola tenra nun pequeno tarro de auga e, tan pronto como bote raíces, plantala en terra.

En canto ás embalaxes de comida (todos eses envoltorios, cartóns, tarros e latas), podes aforrar tempo e manter a casa máis limpa cun recipiente individual para cada tipo de material reciclable. Existe unha ampla variedade de opcións, tanto independentes como integradas, como a serie HÅLLBAR para manter o caos fóra da vista ata o momento de sacar o lixo.

Despois poderás darte unha palmada nas costas por dar a eses materiais sen uso unha nova vida.

Velaquí todos os caldeiros do lixo para reciclaxe
Video: Unha morea de varios recipientes de comida de distinto tamaño, con froitas e verduras no interior, achega un toque de ledicia aquí e aló.

O que non vaias querer, non o estragues

As estimacións existentes indican que todos os anos se estraga ata un terzo do abasto de alimentos en todo o mundo. Tan só un pequeno cambio nos hábitos da cociña pode axudar a reducir esta colosal cifra.

Cando vaias á compra, podes andar con ollo e mercar só a cantidade de alimentos perecedoiros que sexas quen consumir antes de que se perda. Unha vez na casa, podes gardar os ingredientes en recipientes transparentes ao alcance de todos. Os alimentos frescos poderán durar un pouquechiño máis e lembrarás que debes consumir primeiro.

Os restos da cea poden ir a un recipiente de comida en lugar do lixo. Podes refrixeralos ou conxelalos para ter á man unha comida rápida e sinxela outro día. Os económicos recipientes de vidro IKEA 365+ poden utilizarse no forno de forma segura, polo que podes utilizalos para almacenar a comida, quentala e servila. Así, reduces a cantidade de vaixela que tes que lavar.

Velaquí todas as opcións de organización e almacenaxe da comida

Deixa ver os frescos; esconde os residuos

Hai unha ampla variedade de produtos IKEA que poden axudar a expoñer os alimentos frescos e os restos, así como diversas opcións de caldeiros para o lixo e organizadores para evitar que o lixo e os restos reciclables che quiten o apetito.