Pasar ao contido principal

Como aforrar enerxía e auga no fogar

Nun fogar poden malgastarse a diario moitos litros de auga limpa; e outro tanto pasa coa enerxía que sae voando pola fiestra. Porén, non é preciso tirar cos cartos polo desaugadoiro. Podes ver doutro xeito os teus hábitos domésticos tanto para recortar o gasto nas facturas de subministración como para reducir o estrago de recursos valiosos.

Un par de mans desenchufan un altofalante USB, pechan unha billa aberta na cociña e apagan unha lámpada de traballo LED FUBBLA branca.
Video: Unha man cun mando a distancia TRÅDFRI acende e apaga unha lámpada de mesa, unha lámpada de pé e unha lámpada de teito.

Aforrar enerxía é aforrar diñeiro

Podes aforrar enerxía, e recortar o gasto das facturas á vez que consegues un aspecto moderno nos dispositivos de iluminación e calefacción e nos electrodomésticos.

As lámpadas LED, por exemplo, consomen ata 85 % menos de enerxía e duran 20 veces máis cás lámpadas incandescentes. E aforrarás aínda máis se as apagas ao saír do cuarto (moito máis sinxelo co mando a distancia TRÅDFRI). Para reducir os custos de calefacción dun xeito sinxelo, podes utilizar uns estores con illamento ou unhas cortinas máis grosas cando as temperaturas baixan.

E que dis desa secadora desbaldidora? Cando deixas secar as túas prendas penduradas dun tendal, estas sofren menos desgaste.

Naturalmente os electrodomésticos son esenciais no estilo de vida actual, mais só os modelos máis recentes contan coa clasificación AA+ ou superior, o que indica a súa eficiencia enerxética. E se queres ir máis aló, a enerxía solar doméstica pode reducir o que pagas por electricidade, así como as emisións de carbono.

Velaquí todas as lámpadas LED sen fíos
Video: Unha man abre unha billa na cociña. A escena pasa a unha ducha coa billa aberta e, a continuación, unha man pecha un modelo diferente de billa de cociña.

Como aforrar auga sen sequera intentalo

De toda a auga do mundo, menos de 3 % é doce, polo que é sensato utilizala con mesura, económica e ambientalmente falando. Afortunadamente, algúns produtos modernos axudan a aforrar auga.

Por exemplo, o aireador utilizado para compensar a presión é un elemento estándar en toda a gama de billas e duchas de IKEA. Este reduce a cantidade de auga que sae (ata 50 % nalgunhas billas de baño), á vez que mantén o chorro ao nivel que queres. Deste xeito empregas menos enerxía para quentala, sobre todo se a billa ten unha función de inicio en frío.

As lavalouza e lavadoras de hoxe en día adoitan ter unha opción "modo eco" coa que se pode aforrar moita auga e enerxía. De feito, unha lavalouza chea neste programa utilizará menos auga que se lavaras todo á man.

Velaquí todas as billas monomando para a cociña
Video: Unha man sostén unha regadeira azul pequena debaixo dunha ducha coa billa aberta. A escena córtase e pasa á cabeza dun home debaixo desa mesma ducha.

Garda tamén algo para as plantas

Un fogar típico pode aforrar moitos litros de auga día após día con só pechar a billa mentres os seus habitantes lavan os dentes. Ou lavando a leituga nun cunco en lugar de facelo debaixo da billa. Esta auga podes utilizala para regar as plantas. E mentres agardas que a auga da ducha queza, podes recoller auga co mesmo obxectivo.

A auga doce ben pode ser un recurso custoso, mais a auga da chuvia podes collela libremente para utilizala no xardín (se agardas á posta do sol, perderás menos auga por mor da evaporación).

En climas máis cálidos, podes arrefriar a auga da billa no frigorífico para non ter que agardar a que saia fría a auga da billa. Por suposto, non todo o mundo ten auga potable a golpe de billa, polo que quizais os que si a temos deberiamos valorar ata a mínima gota.

Velaquí todas as cabeceiras de ducha

Os heroes que aforran auga e mais enerxía

Velaquí tes unha pequena selección de produtos IKEA que poden axudar a reducir o uso de auga e de enerxía no fogar, especialmente na cociña e no baño. A longo prazo, isto tradúcese tamén nun aforro de cartos.