Pasar ao contido principal

Guías para vivir de xeito sostible

Vivir dun xeito saudable e respectuoso co medio ambiente é máis doado e accesible que nunca. Estas guías ofrecen ideas prácticas que poden facer do teu fogar un lugar máis sostible, tanto para aforrares diñeiro como para axudar a conservar recursos prezados.

Unha secuencia de consellos de sostibilidade para a vida no fogar inclúe repintar unha cadeira, pechar a billa e actualizar a funda do sofá.

Como elixir materiais máis sostibles

Os mobles e accesorios poden causar un grande impacto no teu fogar. Mais que impacto teñen determinados materiais no mundo, fóra do teu fogar? Aquí podes descubrir máis detalles sobre algunhas das opcións renovables e reciclables que hai dispoñibles.

Velaquí a guía de materiais sostibles
Velaquí a guía de materiais sostibles

Como gozar dun fogar máis san

A falta de sono, unha calidade pobre do aire e a falta de exercicio son retos para a saúde aos que moitas persoas se enfrontan hoxe en día. Por sorte, existen solucións sinxelas que poden fomentar un maior benestar na casa.

Velaquí a guía para un fogar máis san
Velaquí a guía para un fogar máis san

Como comer de xeito máis sostible

O que comes (e o que tiras ao lixo) ten un impacto na saúde, nos cartos e no medio ambiente. Esta guía trata algúns pequenos cambios que podes facer en relación cos teus hábitos alimentarios e na cociña.

Velaquí a guía de alimentación sostible
Velaquí a guía de alimentación sostible

Como escoller mobles que duren máis

É preciso tirar sempre os mobles antigos? Esta guía aborda algúns xeitos de aumentar o valor e estender a vida útil destas pezas, tanto na túa casa como na dos demais.

Velaquí a guía de mobles sostibles
Velaquí a guía de mobles sostibles

Como aforrar enerxía e auga no fogar

A enerxía e a auga son os principais gastos dunha casa, así como unha gran fonte de presión sobre os recursos naturais. Por sorte, existen moitas formas prácticas para recortar con facilidade estes custos.

Velaquí a guía sobre auga e enerxía
Velaquí a guía sobre auga e enerxía