Imaxes de 8 VÅGSJÖN
Saltar imaxes
VÅGSJÖN Toalla de baño, gris turquesa, 70x140 cm

VÅGSJÖN Toalla de baño, gris turquesa,

Price 6,99€
VÅGSJÖN Toalla de baño, beixe claro, 70x140 cm
VÅGSJÖN Toalla de baño, branco, 70x140 cm
VÅGSJÖN Toalla de baño, dourado, 70x140 cm
VÅGSJÖN Toalla de baño, gris escuro, 70x140 cm
VÅGSJÖN Toalla de baño, gris turquesa, 70x140 cm
VÅGSJÖN Toalla de man, rosa claro, 50x100 cm

Como conseguilo

A combinación de rizo liso e a raias crea unha toalla bonita e moi práctica. A parte lisa ten un tacto suave e as raias son moi absorbentes pero secan axiña.

Número de artigo004.880.34

Detalles do produto

Toalla de felpa de grosor medio, suave e absorbente (peso 400 g/m²).

Dispoñíbel en diferentes cores; moi fácil de combinar con outros accesorios e artigos téxtiles de baño.

As fibras longas e finas de algodón peiteado fan que a toalla sexa suave e resistente.

Deseñador

IKEA of Sweden

  • Despois dun lavado a capacidade de absorción da toalla é total.

    Dispoñible en varios tamaños.

    Dispoñible en varias cores.

  • Material
    NOTRANS
    Mantemento

    Encolle un 6% como máximo.

    O suavizante pode reducir a capacidade de absorción da toalla.

    Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

    Non empregar lixivia.

    Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

    Pasar o ferro a 150º C como máximo.

    Non limpar en seco.

Medicións

lonxitude: 140 cm

Ancho: 70 cm

superficie: 0.98 m²

Peso: 400 g/m²

  • VÅGSJÖNNúmero de artigo004.880.34

    Ancho: 13 cm

    Alto: 10 cm

    Longo: 30 cm

    Peso: 0.40 kg

    Paquete(s): 1

VÅGSJÖN Toalla de baño, gris turquesa, 70x140 cm

O algodón e nós

O algodón está presente en moitos dos nosos produtos, dende sofás e coxíns ata roupa de cama e colchóns. É unha fibra suave, resistente e renovable que transpira ben e absorbe humidade. Estas características fan que o algodón sexa un dos materiais máis importantes que existen para nós. No entanto, tamén trae consigo varios retos que temos que atallar, como os métodos de cultivo convencionais de impacto negativo sobre o medio ambiente e as malas condicións de vida dos cultivadores e cultivadoras. Queremos que o tamaño da nosa empresa e os nosos volumes de produción nos permitan cambiar as cousas na industria do algodón.

Traballar xuntos para impulsar o cambio

IKEA utiliza anualmente sobre 0,5% de todo o algodón que se cultiva no mundo. Talvez non pareza demasiado, mais é un número asaz grande como para impulsar un cambio na industria. Levamos moitos anos traballando con outras empresas asociadas e accionistas para transformar mundialmente o cultivo tradicional de algodón a grande escala e fixar uns estándares sociais e ambientais para a produción de algodón. Por exemplo, axudamos a configurar a Better Cotton Initiative (BCI), que dirixe o máis grande programa de sostibilidade de algodón. BCI existe para a produción de algodón a nivel global ser máis amable coas persoas que o producen, mellor para os lugares onde se cultiva e mellor para o futuro do sector. Actualmente, máis de 110.000 agricultores adoptaron prácticas culturais máis sostibles grazas aos proxectos de IKEA.

Normas que se seguen durante toda a cadea de valor

Todos os produtos de IKEA son producidos seguindo o IKEA IWAY Standard, o noso Código de Conduta de Fornecedores. Este código fixa as normas ambientais e sociais mínimas esperadas por parte dos nosos fornecedores, incluído o cumprimento das leis locais. Non toleramos ningunha forma de traballo forzado, traballo infantil nin o incumprimento dos requisitos que fixamos na nosa cadea de subministración. Os nosos equipos algodoeiros garanten que o algodón utilizado nos produtos de IKEA se axusta ás nosas esixencias. Os nosos equipos "in situ" permítennos mellorar as prácticas culturais e o sector. Cando descubrimos que estamos a actuar en lugares onde non podemos garantir que se cumpra a normativa, facemos un seguimento no lugar e impulsamos o cambio.