Imaxes de 8 SKUBB
Saltar imaxes
Baixamos o prezo

SKUBB Bolsa de almacenaxe, gris escuro,

Price 6€
Previous price: 7€
SKUBB Bolsa de almacenaxe, branco, 44x55x19 cm
SKUBB Bolsa de almacenaxe, gris escuro, 44x55x19 cm

Como conseguilo

Coloca esta bolsa nun armario ou baixo da cama: é moi práctica para gardar a roupa de tempada ou de cama e evitar que se ensucien de po. Combínaa con outros produtos SKUBB para ter o teu armario baixo control.

Número de artigo203.999.99

Detalles do produto

O tecido está feito en poliéster reciclado. Aproveitar o lixo como se for un recurso achéganos a un futuro máis sostible.

A caixa é perfecta para gardar roupa de cama, almofadas ou edredóns debaixo da cama.

Protexe do po as túas prendas e roupa de cama.

Doado de extraer grazas á asa.

A roupa que gardes non acumula malos olores nin humidade, xa que as reixas de ventilación das esquinas permiten que o aire circule.

Deseñador

IKEA of Sweden

  • Medidas adaptadas á estrutura de armario PAX de 50x58 cm.

  • Material
    Tea:
    100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
    Accesorio:
    NOTRANS
    Mantemento

    Non se debe lavar á máquina.

    Non empregar lixivia.

    Non secar na secadora.

    Non pasar o ferro.

    Non limpar en seco.

Medicións

Ancho: 44 cm

fondo: 55 cm

Altura: 19 cm

  • SKUBBNúmero de artigo203.999.99

    Ancho: 23 cm

    Alto: 4 cm

    Longo: 59 cm

    Peso: 0.62 kg

    Paquete(s): 1

SKUBB Bolsa de almacenaxe, gris escuro, 44x55x19 cm

O poliéster e nós

O poliéster é un material duradeiro, que non se engurra e fácil de coidar. É un material moi utilizado en produtos para a casa como alfombras, almofadas, colchas e coxíns. O inconveniente do poliéster puro é que está feito a partir de petróleo, carbón ou gas natural. Isto significa que ao utilizar poliéster puro estamos a consumir os recursos naturais do planeta. A nosa resposta a isto é substituír o poliéster puro por poliéster reciclado nos nosos produtos. En 2020 atinximos o obxectivo de substituír 79% do poliéster puro utilizado nos produtos téxtiles de IKEA e aceleraremos a transformación para utilizar exclusivamente poliéster reciclado nos produtos onde utilicemos este material.

Poliéster puro vs reciclado

Orixinariamente, o poliéster proviña de materias primas a base de petróleo, é dicir, de fontes non renovables. Porén, actualmente traballos para utilizar só poliéster reciclado. A parte boa é que o poliéster se pode reciclar infinitas veces, sen que o proceso exerza un impacto negativo na calidade dos produtos. Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado estamos a darlle unha segunda vida a un material non biodegradable e reducimos a cantidade de lixo. Pola contra, utilizamos plástico PET e outras fontes de poliéster para fabricar tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpadas. O poliéster reciclado é igual de bo có poliéster puro en termos de calidade e funcionalidade e emite 50% CO2. E o resultado é igual de limpo e seguro.

Algúns retos do poliéster reciclado

O poliéster reciclado permítenos ser menos dependentes do petróleo. A cantidade que transformamos é igual á cantidade de combustible fósil virxe que eliminamos da nosa materia prima de poliéster (aquí non se inclúen posibles tinguidos e outros tratamentos derivados da produción de poliéster reciclado). Con algunhas excepcións, o reto aquí non é converter o poliéster en poliéster reciclado. Pola contra, o reto é facer que estea ao alcance de calquera peto. Normalmente, os produtos con baixo impacto ambiental son máis caros. Queremos cambiar esta tendencia e facer que os produtos de poliéster reciclado sexan máis económicos e accesibles para máis persoas.

Só poliéster reciclado

O obxectivo de IKEA para 2030 consiste en acabar coa dependencia das materias primas fósiles e utilizar só materiais reciclados ou renovables. No caso do poliéster estamos a acelerar o ritmo: a idea consiste en substituír o poliéster puro que está presente nos nosos produtos téxtiles por poliéster reciclado. En 2020, IKEA substituíu 79% do poliéster puro utilizado nos seus produtos téxtiles por poliéster reciclado. En cifras, isto representa unhas 130.000 toneladas métricas de poliéster reciclado e o aforro dunhas 200.000 toneladas de poliéster puro. Aínda non atinguimos o obxectivo do 100%, mais xa levamos avanzado un bo treito. Estas cifras colócanos no primeiro posto na conversión de poliéster reciclado e agardamos que as nosas decisións sirvan para que outras empresas e sectores sigan os nosos pasos.

Fornecimento responsable

En IKEA esiximos que todo o poliéster reciclado dos nosos produtos proveña de fontes que cumpran co Estándar Global de Reciclaxe (GRS polas siglas en inglés) e a rastreabilidade fica garantida polos requisitos de IKEA Suppliers. Ao utilizar unicamente poliéster reciclado que se axusta ao Estándar Global de Reciclaxe, aseguramos que se sigan prácticas sociais, ambientais e químicas durante a reciclaxe. Na nosa opinión, os estándares GRS son actualmente os mellores estándares do mercado. Traballamos con socios e organismos téxtiles como Textile Exchanger para mellorar aínda máis os estándares dos materiais reciclados, incluída a rastreabilidade dos materiais alén das unidades de reciclaxe.

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.