Imaxes de 4 SIBBARP
Saltar imaxes

SIBBARP Panel de parede, negro efecto pedra/laminado,

Price 169€/m²

{garantía} ano de garantía

SIBBARP Panel de parede
SIBBARP Panel de parede, alto brillo branco/laminado, 1 m²x1.3 cm
SIBBARP Panel de parede, beixe efecto pedra/laminado, 1 m²x1.3 cm
SIBBARP Panel de parede, branco efecto mármore/laminado, 1 m²x1.3 cm
SIBBARP Panel de parede, branco efecto pedra/laminado, 1 m²x1.3 cm
SIBBARP Panel de parede, branco laminado, 1 m²x1.3 cm
SIBBARP Panel de parede, cor acinox/laminado, 1 m²x1.3 cm

Como conseguilo

SIBBARP

As salpicaduras e a graxa límpanse facilmente e o panel de parede consérvase como novo malia o paso do tempo. Elixe entre numerosas cores e estilos ata atopar a que mellor lle acaia á túa cociña. Pódese solicitar á medida.

Número de artigo402.166.68

Detalles do produto

25 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Como é resistente á calor, a auga, a graxa e a sucidade, resulta ideal para polo na parede, detrás da placa de cociña e a encimera.

Os nosos revestimentos de parede de laminado están fabricados co mesmo material de alta calidade que usamos para producir os mesados de laminado.

Protexe a parede de sucidade e facilita a limpeza.

Este panel de parede foi deseñado exclusivamente para a cociña. Elixe a lonxitude adecuada (360 cm como máx., sen contar as xuntas) e unha das seguintes alturas (desde 15,1 ata 120 cm).

Crea un ambiente perfectamente coordinado combinando este panel de parede cun mesado do mesmo estilo.

Deseñador

IKEA of Sweden

  • Pódese fixar directamente na parede. Emprega un material de suxeición que se adapte ás paredes do teu fogar

    Non apto para zonas húmidas.

    Aplícanse custos adicionais para calquera servizo e opción de personalización. Pide cita na túa tenda IKEA para elixir os paneis de parede e saber o prezo.

    Ten en conta que as cores do produto poden variar con respecto das cores que se ven online.

  • Material
    NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
    Mantemento

    En caso necesario, limpar cun pano húmido e un limpador ou deterxente suave.

    Secar cun pano seco.

Medicións

Lonxitude mínima: 20 cm

Lonxitude máxima: 360 cm

altura mínima: 15.1 cm

altura máxima: 120 cm

grosor: 1.3 cm

superficie: 1 m²

lonxitude: 100 cm

  • SIBBARPNúmero de artigo402.166.68

    Ancho: 100 cm

    Alto: 2 cm

    Longo: 100 cm

    Peso: 12.00 kg

    Paquete(s): 1

A madeira e nós

Loxicamente, a madeira é o material máis asociado aos mobles de IKEA. É un material renovable, reciclable, resistente, envellece moi ben e é unha parte importante do noso patrimonio escandinavo. En IKEA cremos que, traballada con responsabilidade, a madeira é un material fundamental para atallar os problemas climáticos. En 2012 fixamos o obxectivo polo que, en 2020, a madeira dos nosos mobles viría de fontes máis sostibles. Alégranos anunciar que acadamos este obxectivo e que hoxe, máis de 98% da madeira que utilizamos nos produtos de IKEA ten o certificado FSC ou é reciclada.

Os bosques son vitais para a vida na terra

Os bosques axudan a manter o equilibrio na atmosfera, purifican o aire que respiramos e son parte do ciclo da auga. Alimentan a biodiversidade e son o fogar de comunidades indíxenas que dependen deles para vivir. 90% dos animais e plantas que moran no planeta necesitan os bosques para vivir. Os bosques son fonte de comida, madeira e ofrecen servizos ecosistémicos dos que somos fortemente dependentes. IKEA extrae uns 19 millóns de m3 de madeira en bruto ao ano nuns 50 países, polo que ten un impacto importante na industria madeireira e unha gran responsabilidade para influír positivamente nela. Ao extraermos e xestionarmos a madeira e os bosques responsable e adecuadamente conseguimos que as necesidades das persoas que deles dependen sexan respectadas, que as empresas traballen de maneira sostible e que os ecosistemas e biodiversidade sexan protexidos.

Madeira de orixe 100% sostible

En IKEA seguimos os estándares máis estritos da industria para fomentar unha xestión responsable dos bosques. Non permitimos que a madeira da nosa cadea de abastecemento veña de bosques ilegais, de bosques cuxa conservación sexa importante ou bosques situados en zonas de conflitos sociais. Antes de empezar a traballar con IKEA, os fornecedores deben demostrar que cumpren os requisitos de IKEA no tocante á obtención da madeira. IKEA esixe a todos os seus fornecedores que extraian a madeira de fontes máis sostibles (madeira reciclada ou con certificado FSC). Todos os fornecedores reciben unha inspección para confirmar que se cumpren os requisitos, e aqueles que non os cumpren son instados a adoptar inmediatamente as accións correctivas oportunas. É para nós un orgullo anunciar que, en colaboración cos nosos fornecedores, fomos quen de atinxir o noso obxectivo establecido para 2020, polo que traballamos con fontes máis sostibles. Hoxe, máis de 98% da madeira usada nos produtos de IKEA é reciclada ou ten o certificado FSC.

IKEA Forest Positive Agenda 2030

As prácticas agrícolas insostibles, o crecemento das infraestruturas e as cortas ilegais fan que a presión sobre os bosques e os seus ecosistemas vaian en aumento. Por iso é hora de adoptar unha aproximación máis integral a fin de protexer e apoiar estes importantes recursos en beneficio das xeracións futuras. A IKEA Forest Positive Agenda 2030 foi deseñada para mellorar a xestión dos bosques, protexer a biodiversidade, atenuar o cambio climático, defender os dereitos e necesidades das persoas que, ao longo de toda a cadea de abastecemento, dependen dos bosques e tamén como forma innovadora para aproveitar mellor a madeira. A axenda céntrase en tres áreas fundamentais: • Que os bosques sexan xestionados de maneira responsable en todo o mundo. • Deter a deforestación e reforestar as zonas degradadas. • Impulsar melloras para utilizar a madeira de maneira máis intelixente, como por exemplo, deseñar os produtos para que poidan ser reutilizados, renovados, refabricados e, finalmente, reciclados.

Traballando xuntos chegamos máis lonxe

Durante moitos anos, IKEA traballou conxuntamente con empresas, gobernos, grupos sociais e ONG para combater a deforestación e a degradación dos bosques e, ao mesmo tempo, aumentar a cantidade e dispoñibilidade de madeira de orixe responsable para a súa cadea de abastecemento e para proveito de terceiros. Loitamos por mellorar a xestión dos bosques do mundo e para que a norma da industria sexa traballar con madeira de orixe sostible. Deste xeito contribuímos a crear bosques resilientes e a mellorar a biodiversidade.