RÖDARV Coxín

25€

Inspírase nos coxíns tradicionais con bordados de la que se empregaban nas casas e carruaxes suecas. Os minuciosos bordados son ideais para darlle un toque de alegría ao sofá, á cadeira de brazos ou á cama. Ler máis
De Suecia ao resto do mundo
Imaxina conducir un coche de cabalos no século XVIII ou XIX. O troupeleo dos cascos dos cabalos. Un suave bambeo. Un coxín con minuciosos bordados no banco de madeira detrás de ti. Así naceu RÖDARV, un coxín para os fogares de agora que abraza a tradición sueca dos bordados de la e os coxíns dos coches de cabalos.
Todo comezou cando un equipo de tecidos de IKEA visitou o museo Regionmuseet, a unha hora da sede central de IKEA en Älmhult (Suecia). O museo albergaba unha colección de tecidos suecos desde o século XVII. Ao equipo chamáronlle especialmente a atención os coxíns bordados de Scania, a rexión máis meridional do país, dos séculos XVIII e XIX. Daquela, as mulleres bordaban moitas teas para as súas casas e, xa de novas, comezaban a preparar as pezas da dote que pasaría a formar parte da súa nova casa unha vez casadas. As mulleres tamén facían os coxíns para levar nos coches de cabalos e facer máis cómodas as viaxes. Tamén os empregaban na casa. "Abraiounos o xeito no que combinaban o bordado libre e naíf coas fermosas e rechamantes cores", explica Susanna Leo, unha coordinadora de deseño que formaba parte do equipo. "Cada coxín é único e ten a súa propia historia. É creatividade do máis alto nivel".
Plantas, persoas, motivos xeométricos e animais adoitaban aparecer nos tradicionais coxíns suecos dos coches de cabalos que inspiraron o coxín RÖDARV. “Os motivos dos antigos coxíns dos coches eran moi imaxinativos e non sempre eran perfectos nin simétricos, o que dá pistas das mans que os bordaron", di Susanna. RÖDARV é unha interpretación moderna que transmite o sentimento xenuíno que queriamos. Daquela, aínda que as nosas vidas modernas xa non nos piden coxíns de coches, se cadra notes o galopar da historia a próxima vez que sentes nun coxín RÖDARV.

RÖDARV Coxín

25€