MARIATHERES Mandil, gris, Mostrar especificacións de medidas
Como conseguilo
Como a cinta do pescozo é regulable, serve para todos os talles.
Número de artigo904.795.77
O algodón e nós
O algodón está presente en moitos dos nosos produtos, dende sofás e coxíns ata roupa de cama e colchóns. É unha fibra suave, resistente e renovable que transpira ben e absorbe humidade. Estas características fan que o algodón sexa un dos materiais máis importantes que existen para nós. No entanto, tamén trae consigo varios retos que temos que atallar, como os métodos de cultivo convencionais de impacto negativo sobre o medio ambiente e as malas condicións de vida dos cultivadores e cultivadoras. Queremos que o tamaño da nosa empresa e os nosos volumes de produción nos permitan cambiar as cousas na industria do algodón.
Traballar xuntos para impulsar o cambio
IKEA utiliza anualmente sobre 0,5% de todo o algodón que se cultiva no mundo. Talvez non pareza demasiado, mais é un número asaz grande como para impulsar un cambio na industria. Levamos moitos anos traballando con outras empresas asociadas e accionistas para transformar mundialmente o cultivo tradicional de algodón a grande escala e fixar uns estándares sociais e ambientais para a produción de algodón. Por exemplo, axudamos a configurar a Better Cotton Initiative (BCI), que dirixe o máis grande programa de sostibilidade de algodón. BCI existe para a produción de algodón a nivel global ser máis amable coas persoas que o producen, mellor para os lugares onde se cultiva e mellor para o futuro do sector. Actualmente, máis de 110.000 agricultores adoptaron prácticas culturais máis sostibles grazas aos proxectos de IKEA.
Normas que se seguen durante toda a cadea de valor
Todos os produtos de IKEA son producidos seguindo o IKEA IWAY Standard, o noso Código de Conduta de Fornecedores. Este código fixa as normas ambientais e sociais mínimas esperadas por parte dos nosos fornecedores, incluído o cumprimento das leis locais. Non toleramos ningunha forma de traballo forzado, traballo infantil nin o incumprimento dos requisitos que fixamos na nosa cadea de subministración. Os nosos equipos algodoeiros garanten que o algodón utilizado nos produtos de IKEA se axusta ás nosas esixencias. Os nosos equipos "in situ" permítennos mellorar as prácticas culturais e o sector. Cando descubrimos que estamos a actuar en lugares onde non podemos garantir que se cumpra a normativa, facemos un seguimento no lugar e impulsamos o cambio.