En IKEA esforzámonos por rebaixar os prezos. Unha forma de conseguilo é reducir o número de etapas na fabricación. Así foi como conseguimos ofrecer os estantes HEJNE a un prezo económico. A fabricación dos estantes faise, na medida do posible, no mesmo lugar onde se corta a madeira. Pero manter os prezos á raia é unha cousa; o realmente meritorio é sermos sostibles. No caso de HEJNE foi fácil, o que nos permite ofrecer algo económico é tamén o que nos leva a ser sostibles.
A clave é aproveitar ao máximo cada árbore e reducir os custos de transporte. Como? Fabricando o moble no mesmo sitio onde se corta a árbore.
"A primeira parte consiste en extraer a madeira dos bosques sostibles para despois levala á serraría", di Jesper Gunnerling, que axudou a extraer a madeira. A parte externa do tronco é a que utilizamos para fabricar os HEJNE. O prezo destas partes é inferior, mais non por iso a madeira é peor. "Non hai ningunha diferenza en materia de resistencia", di Jesper. "Pero os fabricantes de mobles non sempre utilizan esa parte da madeira porque ás veces presenta marcas naturais, produto de que dese punto en concreto saía unha póla ou cousas polo estilo".
A madeira maciza é tan resistente que os estantes HEJNE son capaces de soportar cargas tan pesadas, como unha caixa ateigada de ferramentas. Estes estantes véndense sen pintar nin tampouco inclúen accesorios adicionais. O que levarás á casa é un estante de madeira robusta, práctico e sen maiores pretensións que as exclusivamente funcionais. Un moble que estará contigo tanto tempo como ti queiras. Non está mal, verdade?