




O xogo de cubertos DRAGON leva 30 anos na nosa variedade e é moi apreciado pola súa durabilidade e deseño atemporal. De aí que o usemos en moitos dos nosos restaurantes.
Número do artigo900.917.60Calidade
Unhas palabras sobre o xogo de cubertos
Todos os xogos de cubertos necesitan algún tipo de coidado para conservar o seu acabado orixinal. Aclara o xogo de cubertos despois de usarse para retirar calquera resto de comida, mesmo aínda que planees lavala máis adiante. Se tes lavalouzas, escolle un ciclo máis curto e seca o xogo de cubertos a man. Así evitarás as manchas causadas polo óxido polos restos de comida que se adhiren ou por deixar o xogo de cubertos longos intervalos no interior, húmido e quente, do lavalouzas. Menos mal que os consellos son gratis!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Cando o deseñador Carl- Gustaf Jahnsson creou o xogo de cubertos DRAGON o seu obxectivo foi deseñar unha serie intemporal, adaptada ao gusto e ás esixencias da maioría. Tivo tanto éxito que este xogo de cubertos sobreviviu ás demais series. E a pesar de fabricarse en distintos lugares do mundo, conservou a súa forma orixinal. Ideal para o teu fogar, tamén rende un gran servizo en moitos dos restaurantes das nosas tendas.