BROGRUND Billa con filtro, cromado
Como conseguilo
Permíteche aforrar auga quente e enerxía cada vez que levantas a panca. A función de inicio en frío evita o consumo inútil de auga quente ao lavares as mans ou os dentes.
Número de artigo603.430.81SostibilidadeAs persoas e o planeta
Vida sostible na casa
Aforrar auga no baño
Lavar os dentes, as mans, barbearse ou ducharse. As nosas billas están equipadas cun regulador que permite utilizar menos auga e enerxía conservando o mesmo caudal. Estes pequenos xestos sumados permiten economizar auga.
Enerxía e recursos
Sabías que un uso máis eficiente da auga permite aforrar en facturas e atallar o cambio climático?
Quentar auga representa 25% do gasto de enerxía dun fogar. Ao utilizar a auga de maneira máis eficiente estaremos a aforrar cartos e a reducir as emisións de carbono. Busca a etiqueta Unified Water e comeza a marcar a diferenza. A etiqueta inclúe un sistema transparente de clasificación por cores que indica a cantidade de enerxía e auga que consome cada produto. Os produtos con etiqueta verde gastan menos enerxía que aqueles con etiqueta vermella. Visita www.uwla.eu para saber máis.
Form design process
Un baño máis ordenado
Nas nosas visitas a fogares de todo o mundo, habemos visto que moitos baños están abarrotados de cousas. Adoitan ser espazos pequenos nos que a xente se prepara a fume de carozo polas mañás e reláxase pola noite. Cando empezamos a traballar nos accesorios de baño BROGRUND, o noso equipo fixo algo un pouco diferente: organizaron un taller. Xuntos idearon o tema “caos e orde” e utilizárono para crear produtos que facilitan o uso do baño a todo o mundo.