Imaxes de 8 ALVINE SPETS
Saltar imaxes

ALVINE SPETS Cortinas rede, par, óso,

Price 19,99€
Características do produto
Cortina

Como conseguilo

EntregaComprobando a dispoñibilidade ...
Na tenda
Comprobando a dispoñibilidade ...

Os estores de tecido transparente manteñen a intimidade, filtran a luz e deixan ver o exterior.

Número de artigo800.707.63

Detalles do produto

As cortinas teñen unha xareta na parte superior para que as poidas colgar directamente da barra.

As cortinas deixan pasar a luz do sol pero proporciona intimidade, polo que son perfectas para poñelas nunha ventá ou con outras máis tupidas.

Deseñador

IKEA of Sweden

  • Inclúe: 2 cortinas.

    As medidas fan referencia a cada pano da cortina.

  • Material
    NOTRANS
    Mantemento

    Encolle un 2% como máximo.

    Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

    Non empregar lixivia.

    Non secar na secadora.

    Pasar o ferro a 110 ºC como máximo.

    Non limpar en seco.

  • Queremos ter un impacto positivo no planeta. É por iso que para 2030, queremos que todos os materiais dos nosos produtos sexan reciclados ou renovables e obtidos de xeito responsable.

    Utilizamos poliéster reciclado neste produto, deste xeito consumimos menos materias primas e reducimos o noso impacto ambiental mentres os materiais existentes reciben unha nova vida.

Medicións

lonxitude: 300 cm

Ancho: 145 cm

peso: 0.60 kg

superficie: 4.35 m²

Unidades: 2 pack

  • ALVINE SPETSNúmero de artigo800.707.63

    Ancho: 29 cm

    Alto: 5 cm

    Longo: 39 cm

    Peso: 0.69 kg

    Paquete(s): 1

;
ALVINE SPETS Cortinas rede, par, óso, 145x300 cm

O poliéster e nós

O poliéster é un material duradeiro, que non se engurra e fácil de coidar. É un material moi utilizado en produtos para a casa como alfombras, almofadas, colchas e coxíns. O inconveniente do poliéster puro é que está feito a partir de petróleo, carbón ou gas natural. Isto significa que ao utilizar poliéster puro estamos a consumir os recursos naturais do planeta. A nosa resposta a isto é substituír o poliéster puro por poliéster reciclado nos nosos produtos. En 2020 atinximos o obxectivo de substituír 79% do poliéster puro utilizado nos produtos téxtiles de IKEA e aceleraremos a transformación para utilizar exclusivamente poliéster reciclado nos produtos onde utilicemos este material.

Poliéster puro vs reciclado

Orixinariamente, o poliéster proviña de materias primas a base de petróleo, é dicir, de fontes non renovables. Porén, actualmente traballos para utilizar só poliéster reciclado. A parte boa é que o poliéster se pode reciclar infinitas veces, sen que o proceso exerza un impacto negativo na calidade dos produtos. Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado estamos a darlle unha segunda vida a un material non biodegradable e reducimos a cantidade de lixo. Pola contra, utilizamos plástico PET e outras fontes de poliéster para fabricar tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpadas. O poliéster reciclado é igual de bo có poliéster puro en termos de calidade e funcionalidade e emite 50% CO2. E o resultado é igual de limpo e seguro.

Algúns retos do poliéster reciclado

O poliéster reciclado permítenos ser menos dependentes do petróleo. A cantidade que transformamos é igual á cantidade de combustible fósil virxe que eliminamos da nosa materia prima de poliéster (aquí non se inclúen posibles tinguidos e outros tratamentos derivados da produción de poliéster reciclado). Con algunhas excepcións, o reto aquí non é converter o poliéster en poliéster reciclado. Pola contra, o reto é facer que estea ao alcance de calquera peto. Normalmente, os produtos con baixo impacto ambiental son máis caros. Queremos cambiar esta tendencia e facer que os produtos de poliéster reciclado sexan máis económicos e accesibles para máis persoas.

Só poliéster reciclado

O obxectivo de IKEA para 2030 consiste en acabar coa dependencia das materias primas fósiles e utilizar só materiais reciclados ou renovables. No caso do poliéster estamos a acelerar o ritmo: a idea consiste en substituír o poliéster puro que está presente nos nosos produtos téxtiles por poliéster reciclado. En 2020, IKEA substituíu 79% do poliéster puro utilizado nos seus produtos téxtiles por poliéster reciclado. En cifras, isto representa unhas 130.000 toneladas métricas de poliéster reciclado e o aforro dunhas 200.000 toneladas de poliéster puro. Aínda non atinguimos o obxectivo do 100%, mais xa levamos avanzado un bo treito. Estas cifras colócanos no primeiro posto na conversión de poliéster reciclado e agardamos que as nosas decisións sirvan para que outras empresas e sectores sigan os nosos pasos.

Fornecimento responsable

En IKEA esiximos que todo o poliéster reciclado dos nosos produtos proveña de fontes que cumpran co Estándar Global de Reciclaxe (GRS polas siglas en inglés) e a rastreabilidade fica garantida polos requisitos de IKEA Suppliers. Ao utilizar unicamente poliéster reciclado que se axusta ao Estándar Global de Reciclaxe, aseguramos que se sigan prácticas sociais, ambientais e químicas durante a reciclaxe. Na nosa opinión, os estándares GRS son actualmente os mellores estándares do mercado. Traballamos con socios e organismos téxtiles como Textile Exchanger para mellorar aínda máis os estándares dos materiais reciclados, incluída a rastreabilidade dos materiais alén das unidades de reciclaxe.