O fresco aroma da primavera

Unha nova estación, un novo comezo. A nosa colección limitada BORSTAD facilita a limpeza xeral de primavera, ademais de dotala de elegancia. Creamos unha colección de accesorios para o fogar de estilo rústico e cun funcionamento tradicional, moi útiles en calquera parte do mundo.

Colección dispoñible a partir do 4 de marzo

Este atizador de alfombras de aparencia antiga, aínda que en absoluto desfasado, é un exemplo de estilo (e sostibilidade).

Antes utilizábanse bolsas de lavanda para perfumar os armarios, e segue a funcionar hoxe en día.

Os bloques de cedro son un xeito natural de manter fresca a roupa e afastar a couza e outros insectos.

Unha cesta feita á man aporta instantaneamente un toque rústico á estancia. E máis espazo de almacenaxe.

Por que non probar a mesturar auga, vinagre e zume de limón nunha botella con vaporizador a modo de solución de limpeza caseira? Así redúcese o consumo de plástico.