Mantén a frescura! Descansa este verán.

Para nós, o importante nesta estación é o teu benestar. Para estares fresco na casa, reláxate, recarga enerxías e goza das vacacións coa túa familia e amigos.

Descansa coa túa familia durmindo a gusto

Para poder durmir ben, opta por colchóns e roupa de cama de materiais naturais e cortinas opacas que reflictan a calor. E queda na casa. Importante: non molestar.

Descansa coa túa familia con solucións prácticas

Cos ganchos con ventosa, os lavabos pequenos e os tendais, podes facer do teu baño un lugar para todo e para todos. Pasade o verán xuntos!

Descansa sen pasar calor

Con randeeiras pregables, mesas auxiliares, cortinas e lámpadas, podes crear un salón para os días nos que non saibas se quedar dentro ou saír fóra. Ou as dúas cousas.

Descansa folgando cos amigos

Cuns asentos coloridos e divertidos, moitas lámpadas e algúns doseis, xa o tes todo listo. Deixa que os teus amigos enganchen a sobremesa coa tarde e a noite!