Luz agarimosa

Lámpada de mesa TÄLLBYN, con inspiración Art Deco, sobre unha mesa de madeira con pexegos e unha xerra con flores.

Luz agarimosa

Coas nosas lámpadas, é moi sinxelo crear unha atmosfera de tranquilidade no fogar. Crea unha contorna cómoda e cun aquel de nostalxia coas lámpadas de mesa e de teito TÄLLBYN. As súas formas Art Deco danlle un aire romántico e elegante a calquera estancia. Ou por que non crear unha atmosfera rústica coa pantalla de lámpada de teito TORARED? O deseño exclusivo desta pantalla de teito feita á man fai que proxecte sombras harmónicas e que encha dunha cálida luz toda a estancia. Ademais, está feita de algas naturais, polo que é unha opción sostible.

O clásico deseño das lámpadas TÄLLBYN é unha reminiscencia dunha época romántica xa pasada. Estas lámpadas feitas de metal e vidro soprado emiten unha luz suave e crean unha cálida atmosfera. Por que non combinalas con mobles máis rústicos? O contraste de estilos dálle ao espazo un aspecto moderno e sorprendente.

Crea unha atmosfera relaxante

Só mirar á pantalla de lámpada de teito TORARED tranquiliza e relaxa os sentidos. O seu aspecto orgánico dálle unha aire rústico á túa casa. Cada lámpada é única, xa que a alga mariña é un material que, ademais de ser renovable, presenta variacións de cor de xeito natural, e foi tecida por expertos artesáns. Pendúraa no comedor ou no salón para creares o ambiente perfecto para te relaxares.