Colección limitada FREKVENS

A festa definitiva na túa casa

Sen música non hai festa, verdade? A música é un dos compoñentes culturais máis poderosos e unificadores que hai na sociedade. Une as persoas e amplifica as emocións. A vida no fogar adoita xirar en torno á música, e precisamente por iso son moitas as persoas que soñan con ter un bo son en todos os cuartos da casa. Isto inspirou a colección limitada chamada FREKVENS.

"É moi sinxelo, divertido e gracioso. Sentiraste como un auténtico técnico de imaxe e son co teu propio sistema de son e luces. Poderás montar festas en calquera día, e iso é algo que a xente vai agradecer”.

Jesper Kouthoofd, director de deseño e fundador de Teenage Engineering
Jesper Kouthoofd, director de deseño e fundador de Teenage Engineering sentado nunha cadeira e vestido de negro.

Coñece a Teenage Engineering

É un colectivo creativo con sé en Estocolmo formado por enxeñeiros e programadores que comparten o amor pola música e a electrónica.

"Devecemos por presentarlle FREKVENS ás persoas de todo o mundo. É unha colección divertida que se pode adaptar para cubrir todas as túas necesidades. É moi bonita e ten un son incrible, polo que é sen dúbida a razón perfecta para montar unha festa".

Michael Nikolic, director de deseño creativo de IKEA of Sweden

Sabemos que a música une a xente. O eixo central da colección FREKVENS son a luz e o son, pero que máis necesitas para montar unha gran festa? Esta serie tamén ofrece outras cousas, como fundas para coxíns que repelen a agua e vaixelas modulares e amontoables que son perfectas para a comida. Ten todo o que necesitas para argallar unha boa festa en calquera lugar.

FREKVENS monta a festa para que ti te poñas a bailar