Desde a cociña con amor

Unha cociña marrón avermellado escuro con acabado brillante con mesado, tiradores e vertedoiro en negro nunha estancia con paredes grises texturizadas.

Desde a cociña con amor

Tanto se estás instalando unha cociña nova como se lle queres dar un lavado de cara á que xa tiñas, tes unha chea de novidades para cambiar o teu espazo. Dálle un toque de cor co novo frontal para cociña KALLARP. Está dispoñible en marrón avermellado escuro cun acabado brillante ideal tanto para os máis minimalistas como para as familias con fillos. A bandexa de servir FULLSPÄCKAD é sostible e está feita de bambú. É fácil de empregar e de levar a calquera sitio. Descubre a continuación as nosas novas cociñas e produtos de comedor!

Esta tempada, atrévete cunha cor marrón avermellada escura para a cociña. Os nosos modernos frontais de cociña teñen un acabado brillante. Escolle un panel co mesmo acabado que a túa porta ou mestúraos ao teu gusto.

Sobremesas para levar

Descubre un xeito intelixente de presentar a comida coa bandexa de servir FULLSPÄCKAD, que ten unha cómoda asa para levares facilmente a comida da cociña á mesa. O mellor é que está feita de bambú, un material natural renovable e que crece rapidamente, o que o fai unha opción sostible.