Deixa que o verán entre na túa casa

Habitación cunha serie téxtil GRACIÖS en tons turquesa, incluída unha funda de edredón, unha alfombra estampada e un coxín redondo de veludo.

Deixa que o verán entre na túa casa

Déixate sorprender pola nova serie téxtil GRACIÖS para adolescentes. Está totalmente impregnada de verán, coas súas palmeiras mexidas polo vento mesturadas con outros estampados fotográficos e ilustracións estivais.

A serie GRACIÖS inclúe fundas de edredón, alfombras, fundas para coxíns e un coxín. As fundas de edredón poden estar feitas de algodón ou dunha mestura de algodón e lyocell. O algodón que empregamos para fabricar os nosos produtos provén de fontes máis sostibles.

Combina o coxín GRACIÖS coa funda para coxíns GRACIÖS de cor rosa e crea un lugar suave e cómodo onde descansar a cabeza.

A alfombra GRACIÖS, co seu decorativo motivo circular, é moi suave e vén en cores complementarias.