MUSSELBLOMMA, a colección que ama o mar

Colección MUSSELBLOMMA, a colección sostible que ama o mar

MUSSELBLOMMA, a colección que ama o mar

IKEA, os pescadores e Seaqual colaboramos nesta colección de téxtiles sostibles confeccionados con plásticos recollidos na costa mediterránea española. Con este proxecto queremos concienciar sobre o problema da gran cantidade de residuos plásticos que hai nos nosos océanos e ser parte activa da solución. Sen gañar nada, mais gañando moito a un tempo.

Súmate á corrente na que todos nos beneficiamos. Súmate a Musselblomma!


Como se fabricou MUSSELBLOMMA?

 

Máis de 400 horas e 1500 pescadores españois da costa mediterránea colaboraron neste proxecto recollendo plásticos do mar.


Os plásticos transfórmanse en fíos e tecidos xunto ás botellas PET recicladas, que serviron para crear esta nova gama de produtos en fábricas de Valencia e Alacante.

Inma Bermúdez

 

A deseñadora española Inma Bermúdez creou esta colección con formas e cores inspiradas no mar.

 

Creamos un patrón sinxelo e moderno con círculos, cadros e triángulos combinados cunha forma que lembra á dun peixe. As cores da colección tomáronse do mar: diferentes verdes e turquesas combinados co coral, que aporta luz e felicidade ao deseño.

Inma Bermúdez

Cada ano, 8.000 toneladas de lixo chegan ao mar. Estímase que no 2050 haberá máis plásticos ca peixes nos nosos océanos e mares.

 

Daquela, que podemos facer?

Máis consellos sobre sostibilidade e medio ambiente

Aforrando enerxía

Descubre outra maneira de usar a enerxía para aforrar nas facturas e coidar o planeta.

Residuos e reciclaxe

Como reciclar e non desperdiciar comida para aforrar e sermos máis sostibles

Como aforrar auga: cada pinga conta

Dámosche uns pequenos consellos para que poidas aforrar auga na casa.