Colección limitada MARKERAD

Unha bolsa IKEA marrón, coa palabra "SCULPTURE" escrita, aparece entre dúas esculturas brancas.

Colección limitada MARKERAD

Acabas de mudarte de casa e é momento de buscar cousas que lle dean un toque persoal ao teu novo fogar.

Faino con MARKERAD, unha colección de edición limitada deseñada en colaboración co creador recoñecido mundialmente Virgil Abloh. Xuntos actualizamos varios obxectos cotiáns —dende reloxos ata cadeiras— cun estilo rechamante que pode axudar a que calquera casa destaque.

Virgil Abloh, de pé en fronte dunha multitude de persoas, explica un dos seus deseños.

"A razón de ser da colección é achegar un toque artístico aos obxectos anónimos".

Virgil Abloh, deseñador

Colección pensada para expresarse

A colección MARKERAD parte de deseños minimalistas clásicos e achégalles as referencias artísticas e os elementos subversivos propios do traballo de Virgil, coas súas emblemáticas comiñas por todas partes. Engaden un ton irónico aos produtos que creamos, perfecto para as persoas que queren decorar a súa nova casa cun toque fashion ou as que buscan actualizar a decoración da súa casa de sempre.

Toda a colección MARKERAD exposta nun almacén.

"Trátase de enaltecer o anónimo, as iconas cotiás que usamos sen darnos de conta. Ao poñer un tope de porta nunha das patas dunha cadeira corrente, creamos algo inesperado, unha interrupción".

Virgil Abloh

"Virgil leva o deseño moderno a un contexto contemporáneo. Mediante a interpretación da historia e a tradición dun xeito persoal único, crea deseños moi acordes co noso tempo".

Henrik Most, director creativo de IKEA