Colección limitada BOTANISK

Información xeral sobre todos os artigos da serie BOTANISK, unha colección feita á man de testos, cestas, accesorios de xardinería e moito máis.

Colección limitada BOTANISK

Tanto se te limitas a transplantar plantas como se es un experto en xardinería urbana ou che gustaría aprender, a serie BOTANISK serache de gran axuda. Esta colección feita á man, que inclúe dende conxuntos de ferramentas e testos de arxila ata cestas grandes, non só contribúe á diversión da xardinería de interior, senón que crea traballos nas zonas onde máis se precisan. Sementemos algo de esperanza!

Muller artesá que traballa para un dos emprendedores sociais de India camiñando por un campo aberto.

Sostible de distintas formas

"Toda a colección está feita pensando nas persoas. De principio a fin o proceso baseouse na colaboración, no desenvolvemento dos artigos de maneira conxunta". 
Maria O’Brian, directora creativa de IKEA.

Unha colección cada vez máis grande, en todos os sentidos

O mellor de todo é que non necesitas un xardín, nin sequera unha terraza, para gozar da frondosidade na natureza. Para ter unha xungla no piso basta cuns cantos testos e plantas transplantadas, que é precisamente do que trata a colección BOTANISK.

Sementes, chícharos e ideas en verde

Aínda que ter plantas e cultivar verduras na casa é bo, tamén pode crear desorde. Por sorte, a almacenaxe para ferramentas (e outros utensilios) BOTANISK axudarache a telo todo no sitio. Ademais, son artigos fabricados con materiais naturais, moi agradables ao tacto e ao uso.

Follas das que nacen novos traballos

"O deseño fixémolo conxuntamente cunha costureira india, experta en bordados. Ensinámoslle a nosa idea xeral e ela fixo interesantes suxestións para as follas". Paulin Machado, deseñadora de IKEA.

Coñece a serie BOTANISK

A colección BOTANISK creouse en colaboración con seis emprendedores sociais de India, Tailandia, Xordania e Romanía. Todos teñen ideas de negocios baseadas na creación de traballo nas zonas onde máis se precisa, para as persoas que máis o precisan.

Na actualidade IKEA colabora con 27 emprendedores sociais de 15 países distintos, e este número está a aumentar. Isto tradúcese en 20 100 traballos: 5300 artesáns e 14 500 responsables de granxas a pequena escala. Indirectamente 140 000 persoas das familias dos traballadores resultan beneficiadas.

Obtén máis información sobre as nosas colaboracións con emprendedores sociais