Aspecto tradicional á túa medida

Sofá de tres prazas LIDHULT vermello-marrón con chaiselongue e moitos coxíns nun cuarto espazoso sobre unha alfombra vermella oriental.

Aspecto tradicional á túa medida

Este mes podes decorar o salón coa nosa nova serie de sofá e almacenaxe deseñada cun precioso estilo tradicional, pero coa flexibilidade do mundo moderno para crear solucións que se adapten ao teu fogar.

Síntete abrazado/a pola serie de sofás LIDHULT deseñada cun respaldo alto, un asento alto e xenerosas proporcións, dispoñibles con distintas fundas e combinacións.

A serie de sofás LIDHULT ofrece unha comodidade suprema e encóntrase dispoñible con distintas fundas de tea en beixe claro, vermello-marrón, gris/negro e pel marrón escuro/tecido revestido.

Almacenaxe elaborada con intelixencia

Leva a almacenaxe do salón a outro nivel coa serie de almacenaxe e mesa HAVSTA, que combina madeira maciza traballada con detalles elegantes e flexibilidade intelixente para construír solucións que se adapten a distintas necesidades.

Toda a madeira utilizada en HAVSTA procede de fontes sostibles, que definimos como madeira reciclada ou con certificación FSC.

Para complementar a almacenaxe do salón, dispoñemos dunha mesa de centro HAVSTA en gris ou marrón escuro.