Pasar ao contido principal

Colección HÖSTPROMENAD

HÖSTPROMENAD significa “paseo de outono” en sueco e iso resume o que é esta colección: unha homenaxe á maxia desa época do ano.

Colección HÖSTPROMENAD
Colección HÖSTPROMENAD

Celebramos o outono

Coa chegada do outono, a natureza muda os seus verdes intensos e pasa a vestir os tons máis ocres e terracota da paleta. Así, dálle a benvida a unha estación de recollemento e celebración.

Na casa, tamén podemos acompañar esta transición estacional para crear ambientes acolledores e agradables que inviten a gozar do outono.

HÖSTPROMENAD componse de 23 pezas de enxoval, adornos florais e accesorios decorativos para encher de personalidade tódolos recunchos. Con estes obxectos é doado crear sensacións especiais na mesa ou mesmo na porta da entrada.

mesa con pratos e mantel

A colección máis outonal de IKEA

Un forte contraste entre grises, ocres e terracota, xunto con follas secas e ilustracións vexetais, conforman a identidade desta edición limitada que se concibiu para alegrar as celebracións outonais.

No que respecta aos materiais, destacan o algodón procedente de fontes sostibles nos téxtiles, e a louza e o gres nalgúns artigos de enxoval, entre outros. Tamén atopamos varias grilandas de luces, perfectas para crear unha atmosfera cálida no fogar.

Inspirada na colleita

Os patróns de estilo escandinavo moderno trazounos a deseñadora téxtil Hanna Wilcox.
Hannah está especializada en impresión pola facultade Central Saint Martin da Universidade das Artes de Londres e participou nun programa de prácticas de deseño téxtil en IKEA Suecia o ano pasado.

Ao crear os patróns, inspireime nas cálidas cores outonais e nos vexetais que se cultivan nesa tempada. Quería que estes deseños alegres outorgasen un toque festivo ás celebracións do outono”.

Hanna Wilcox

Tódolos produtos da colección