Pasar ao contido principal

A colección OMTÄNKSAM

Hai momentos nos que todos precisamos un grao extra de comodidade e apoio. Coa colección OMTÄNKSAM, IKEA quere facilitarlles a vida ás persoas. Foi creada en colaboración con expertos en ergonomía e probada por xente con diferentes necesidades e retos. Estes produtos son doados de suxeitar, non escorregan e son perfectos para sentar e levantar (e moito máis). E tamén comparten unha longa tradición clásica escandinava: deseñáronse para durar.

Muller co pelo gris na cadeira amarela dun cuarto, mirando por unha ventá grande.
Muller co pelo gris na cadeira amarela dun cuarto, mirando por unha ventá grande.

Crea un recuncho de lectura acolledor

O respaldo alto, o apoio lumbar e a almofada axustable no pescozo fan que a cadeira de brazos OMTÄNKSAM sexa cómoda mesmo cando pasas moito tempo sentado. A posición erguida e os repousabrazos altos axudan a sentar e erguer.

Máis información sobre a colección OMTÄNKSAM
Máis información sobre a colección OMTÄNKSAM

Terapia para os pés cansos

Grazas á inclinación do repousapés, podes ter os pés levantados sen que iso afecte á circulación sanguínea.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM

Asentos con apoio

O respaldo e asento redondeados da cadeira OMTÄNKSAM fana máis cómoda; ademais, o respaldo é fácil de agarrar cando queres sentarte ou erguerte.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM

Vestir nunca foi tan fácil

O calzador OMTÄNKSAM é moi longo e permíteche calzarte estando de pé. Está feito de metal e constitúe un soporte robusto que non dobra.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM

Despídete da sucidade ao cociñar

O cunco OMTÄNKSAM ten unha tapa de silicona que tamén se pode colocar debaixo para evitar que escorregue, o que permite que poidas usalo cunha man.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM

Unha man amiga

Este agarrabotes está feito de silicona branda e antiescorregante, e axudarache a abrir as tapas que máis se resistan.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM

Bebidas firmes

Os vasos OMTÄNKSAM son doados de coller, levantar e transportar. A superficie antiescorregante da bandexa FÖRMEDLA axuda a mantelos no seu sitio.

Ver a colección OMTÄNKSAM
Ver a colección OMTÄNKSAM