Dormitorio de fiestras amplas e cortinas completas, que semellan abanear coa brisa que entra.

6 consellos para refrescar a casa sen aire acondicionado

Cando vai moita calor, o que todos queremos é estar en casa o máis fresquiños posible, non si? Ademais, é que, aínda que teñamos aire acondicionado, non debe estar posto todo o día. Hai moitas alternativas e pequenos hábitos sostibles que che permitirán aforrar na factura da luz mantendo a túa casa máis fresca no verán. 
Imos ver estes 6 consellos para refrescar a casa sen aire acondicionado

1. Cando ventilar a casa en verán

Para manter a casa fresca en verán, unha das cousas máis importantes é ventilala ás horas adecuadas. Que quere dicir isto? Que non vale calquera momento do día para abrir as fiestras de par en par, nin sequera para ter as persianas subidas.  
 
O mellor para ventilar é facelo a primeira hora da mañá (entre as 6 e as 8) e, despois, pechar as fiestras. Non volvas abrilas ata as 11 da noite aproximadamente: un par de horas despois de que caia o sol. Nese momento será fundamental que lle saques partido ás correntes, abrindo as fiestras contrapostas. 
 
Ademais, é moi recomendable baixar as persianas ou botar unhas cortinas tupidas cando o sol estea incidindo directamente nas fiestras. Así, evitaremos que a calor penetre a través dos cristais. 
 
Por certo, sabías que cortinas, sabas ou toallas humedecidas diante da fiestra baixan as temperaturas ao bloquear a luz solar e arrefriar a brisa que entra? Podes manter as teas humedecidas cun pulverizador de plantas.

2. Escolle materiais naturais 

Tanto para vestir a cama como para vestir o resto da casa (cortinas, alfombras, fundas de coxín…) é moi importante que escollas os tecidos adecuados para esta época do año, se queres estar fresco sen aire acondicionado. Tecidos que, por si sós, teñen unha frescura natural: algodón, liño, seda e lyocell, entre outros. Este tipo de tecidos axudaranche a minimizar os efectos da calor e a humidade. 
Usa tamén este tipo de materiais naturais como o algodón ou o liño na túa roupa de estar por casa e no teu pixama. Asegurámosche que o cambio de tecidos sintéticos a este tipo de teas é moi significativo.

3. Como reducir a calor para durmir mellor 

As noites cálidas fan que non sexa fácil durmir. Con todo, podemos aplicar unha serie de consellos para reducir a calor que poida acumularse no noso dormitorio refrescándoo sen aire acondicionado. 
Como dicíamos ao principio, é fundamental que airees a habitación ás horas que che indicamos facendo especial fincapé en xerar correntes de aire xusto antes de deitarte. Tamén é máis que recomendable que despexes o dormitorio de cousas innecesarias, apostando polo minimalismo, sobre todo no que a roupa de cama se refire: só as sabas, nada máis. 
Ten preto auga para hidratarte durante a noite, un humidificador para conectalo durante o día (coas persianas baixadas) e, por suposto, un ventilador que che axude coas noites máis abafantes.  

4. Refréscate por dentro e por fóra

Non só é importante o que facemos na nosa casa, tamén é fundamental que nos manteñamos "fresquiños por dentro" para que esa sensación de calor abafante desapareza.  
Sabías que o 75 % do corpo dos nenos é auga e no caso dos adultos, o 60 %? Ademais, ao longo do día unha persoa pode perder uns 2,5 litros de auga. Unha cantidade que debemos recuperar, sobre todo nesta época do ano, para evitar sentirnos deshidratados e acalorados.

Bebe polo menos dous litros de auga ao día, evita o alcohol, toma polo menos tres pezas de froita ao día, prepara xeados e zumes caseiros fresquiños, e aliméntate con produtos frescos, poñendo o foco nas verduras de tempada durante estes meses. 

5. Rega as plantas pola noite

Se tes plantas na terraza, o balcón ou incluso na fiestra do salón ou o dormitorio, régaas pola noite. Así, ao regalas e abrir a fiestra, refrescarás esa zona e a contigua. Cantas máis plantas teñas, mellor.

Para as túas plantas tamén é máis recomendable que, durante o verán, as regues ao caer a noite, xa que aproveitan de forma máis eficiente a auga por unha menor vaporización.

Ademais, o cheiro a terra mollada é un dos mellores que existen… 

6. Un uso correcto da tecnoloxía e a luz

Como sabes, hai moitos aparellos eléctricos que desprenden calor na casa, como pode ser a vitro despois de usarse, a lavalouza, o forno e mesmo a televisión.  

Fai un uso "responsable" de todos estes aparellos, que a fin de contas son fontes de calor no fogar, o que nos dificulta manter a casa fresca sen poñer o aire. Evita conectar varios deles á vez e acender as luces na medida do posible.  
Iso si, no tocante ao aforro de luz e para evitar a calor, o mellor que podes facer é:

Aquí tes unhas cantas ideas para aforrar enerxía na casa nun chiscar de ollos: 

Queres saber como escoller unha colcha de verán? Contámoscho no seguinte artigo! 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.