Como organizar o armario dunha vez por todas

Organizar o armario con perchas de pantalón extraíbles

Como organizar o armario dunha vez por todas

Sempre é un bo momento para organizar o armario. E o certo é que, que pracer ver toda a roupa e complementos ben ordenados! Por iso, imos darche uns sabios consellos para ordenar o armario con organizadores de interior para armarios, como a percha de pantalón extraíble que ves na foto.

Comecemos!

Se tes un minuto, proba a ver este vídeo onde che contamos uns consellos rápidos para saber como organizar o teu armario nun chiscar de ollos.

Como ordenar un armario en 5 pasos

Vaiamos por partes. Organizar o armario é toda unha arte que se pode aprender. Menos mal! Se te preguntas como organizar un armario pequeno ou os prácticos armarios de esquina, con estes 5 consellos poderás ter un armario organizado, quer grande, pequeno ou de esquina. E o mellor de todo, será un armario para lucir, mesmo se te decantas polos armarios tipo roupeiro, con porta ou sen ela. Palabra.

Paso 1. Ordenar dunha vez por todas

É algo que farás dunha vez e con toda a túa roupa. Nada de medias tintas, aínda que tardes máis dun día, faino canto antes para ver axiña os resultados. Sentiraste máis motivada. Así que colle toda a roupa que tiveres nos armarios, cómodas, caixas... e clasifícaa por tipoloxía, roupa interior, pantalóns, saias, roupa de cama, etc.

Paso 2. Desfaite da roupa que non utilices

Isto é básico e preciso: cómpre reducir e eliminar toda aquela roupa que non empregas. Para conseguilo, fai tres montóns, por exemplo, os pantalóns cos que queres quedar, os pantalóns que queres tirar, e o terceiro montón, cos pantalóns que cres que necesitan darlles unha volta.

Organizar un armario aberto

 

Paso 3. Organiza o armario

Tres consellos debes ter claros sobre como ordenar un armario:

  1. Deseña o teu armario con solucións de interior de armario PAX e os accesorios KOMPLEMENT segundo as que foren as túas preferencias en roupa, es máis de zapatos ou de complementos?
  2. Deixa a roupa que pos menos en lugares menos accesibles.
  3. Agrupa a túa roupa en cores, de máis escuro a máis claro.
Organizar armario con caixas para a roupa e por cores

Paso 4. Axúdate de todos os recursos

Ordenar armarios non sería o mesmo sen as caixas para roupa e as prácticas perchas. Axudaranche a ter toda a túa roupa á vista e en orde. Se te preguntas como gardar os bolsos ou organizar os zapatos, os organizadores de roupa para armario poden ser a solución.

Paso 5. Bótalle man ós caixóns

Emprega os organizadores para as prendas máis pequenas, como roupa interior, separadores para telo todo á vista ou caixas e cestas para os complementos. Contámoscho no vídeo "Caixóns nun chiscar de ollos".

Organizar o armario con caixas para a roupa

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.