Termos e condicións de "Solucións e ideas rápidas" para clientes da rede IKEA para empresas
O presente documento regula os termos e condicións xerais de uso do SERVIZO "SOLUCIÓNS E IDEAS RÁPIDAS" mediante videoconferencia (en adiante, o "SERVIZO") entre IKEA IBÉRICA S.A.U., con domicilio social en Avenida Matapiñonera 9, CP 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid) e CIF A28812618 (en adiante, "IKEA") e o cliente Business rexistrado na Rede IKEA para Empresas (en adiante, o "Cliente").
PRIMEIRA.- DETALLE DOS SERVIZOS
Se precisas solucións e ideas creativas para o teu negocio, a través da Rede IKEA para Empresas poderás contratar este SERVIZO, que ten carácter gratuíto para os Clientes Business rexistrados na Rede IKEA para Empresas.
Poderás solicitar o SERVIZO a través da ligazón dispoñible na propia páxina da Rede IKEA para Empresas.
O SERVIZO inclúe o seguinte:
- Axuda a deseñar o teu negocio coas ferramentas de planificación en cociñas, baños, sofás e mobles oficina.
- Consulta de dispoñibilidade e o stock.
- Envío do Orzamento do pedido.
Unha vez solicitado o SERVIZO, porémonos en contacto contigo por teléfono, correo electrónico ou calquera outro medio que IKEA puxese en práctica a fin de xestionar as citas para o SERVIZO, informarémoste da documentación que imos necesitar e enviarémosche a convocatoria a Teams (plataforma de reunións con vídeo) mediante ligazón á aplicación ou ferramenta que IKEA puxese en práctica a fin de xestionar as citas para o SERVIZO, co día e a hora acordados.
No caso de que o Cliente non proporcionase a IKEA a documentación precisa que lle fose requirida para prestar correctamente o SERVIZO, cunha antelación de polo menos 24 horas á videochamada convocada, darase por desistido ao Cliente e non se realizará a cita ou videochamada.
No caso de que o Cliente non aceptase expresamente a convocatoria da videochamada, nin se puxese en contacto con IKEA para modificar a data e/ou hora desta cunha antelación de polo menos 24 h á videochamada convocada, darase por desistido ao Cliente e non se realizará a cita ou videochamada.
Se o Cliente, aínda que aceptase a convocatoria, non respondese a chamada á hora prevista para a cita na data e hora acordados e, como resultado, non se puidese prestar o SERVIZO por esta causa ou por calquera outra imputable ao Cliente, este deberá solicitar un novo SERVIZO. Se non se realizou a videochamada na data e hora acordados por causa imputable a IKEA, citarase ou convocarase novamente ao Cliente para outra data e hora.
IKEA resérvase o dereito de modificar a data e hora da videochamada, ou mesmo de cancelala, sen ningunha penalización para IKEA, para o que abonda con notificarllo ao cliente con polo menos 2 horas de antelación á hora proposta para devandita videochamada.
Previamente á realización da cita por videoconferencia, precisaremos que nos envíes a información que che solicitemos sobre o teu negocio para poder preparar a cita da mellor maneira posible. É recomendable tamén enviar fotografías, evitando sempre que nestas apareza ningunha persoa. A videochamada realizarase co único fin de prestar o SERVIZO.
O cliente deberá seguir as indicacións facilitadas por IKEA, debendo evitar pola súa banda que nas videochamadas aparezan persoas físicas e/ou terceiros, en particular menores de idade, eximindo a IKEA de responsabilidade en caso contrario. IKEA non gravará nin conservará as videochamadas e o cliente acepta, ao contratar o SERVIZO, que dispón de autorización para gravar o espazo obxecto do SERVIZO.
Necesitarás ter en conta os seguintes aspectos para poder realizar este SERVIZO de forma satisfactoria:
- Dispor de teléfono móbil ou PC portátil con cámara.
- Cobertura no domicilio onde se vai realizar o servizo (4G/WIFI).
- Cinta métrica. Aconsellable flexómetro de 5 a 8 metros.
O tempo máximo da videochamada ou da cita presencial será de 45 MINUTOS.
Unha vez rematada a videochamada, nun prazo de 24 horas enviaremos un correo electrónico cos puntos fundamentais tratados na videoconferencia, no que se recollerán devanditas solucións e ideas rápidas para o teu negocio.
Unha vez enviado o citado correo electrónico (que incluirá un orzamento da mercadoría de IKEA que procedese en cada caso) ao cliente, o SERVIZO darase por finalizado. En consecuencia, calquera contacto do cliente con IKEA posterior á finalización do SERVIZO relativo a, ou consecuencia de, calquera cambio de opinión do cliente, cuestións adicionais, solicitude do SERVIZO para outras estancias, ou similares, será considerado como solicitude dun novo SERVIZO.
Infórmase aos clientes que o correo electrónico proporcionado por IKEA para efectos do SERVIZO poderá ser única e exclusivamente utilizado polos clientes para remitir a información que IKEA lle requirise ao cliente con relación ao citado SERVIZO, así como para concretar os detalles da videochamada. Non será atendida ningunha outra comunicación por parte do cliente a IKEA a través deste correo electrónico que teña un obxecto diferente ao anteriormente exposto ou que sexa enviado polo cliente despois de finalizada a prestación do SERVIZO.
Infórmase tamén aos clientes de que se, unha vez finalizado o SERVIZO, optan finalmente por comprar a mercadoría en IKEA e contratar os servizos de transporte, montaxe e instalación con IKEA, deberán asinar o correspondente contrato de servizos.
SEGUNDA.- INFORMACIÓN, USO DE IMAXES E CESIÓN DE DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL
O Cliente, con motivo do SERVIZO, poderá proporcionar a IKEA información e fotografías do seu negocio. Sexa como for, o Cliente absterase de incorporar imaxes persoais nas que aparezan persoas físicas, mesmo se é o propio Cliente ou un terceiro. En consecuencia, IKEA non utilizará imaxes nas que aparezan persoas físicas con motivo deste SERVIZO e procederá a borralas decontado no caso de o Cliente as enviar. Se eliminar estas imaxes implica que IKEA non pode prestar o SERVIZO correctamente, IKEA reserva a posibilidade de non prestar o SERVIZO ao Cliente.
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial, incluídos os dereitos de autor e deseño de todo o contido audiovisual, así como todos os comentarios, fotografías e explicacións facilitados polo Cliente a IKEA con motivo do SERVIZO pertencerán a IKEA desde o momento no que o Cliente os facilite. IKEA ou o GRUPO IKEA poderá utilizar, publicar ou reproducir o anterior contido, así como o Proxecto proporcionado por eles, en todo o mundo, sen límite temporal, en calquera acción interna e externa con fins comerciais, de publicidade, promoción, publicación, información do SERVIZO ou documentación da realización do SERVIZO, que inclúe, a título enunciativo e non limitativo, en medios de comunicación, televisión, márketing directo, Internet, páxinas web, redes sociais ou calquera outro medio da natureza que for. O Cliente non terá dereito a ningunha remuneración nin compensación polo disposto no presente parágrafo.
O Cliente non poderá divulgar de ningún xeito as solucións e ideas obtidas en virtude do SERVIZO.
TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE
IKEA remite o Proxecto ao Cliente e queda exento doutras obrigas ou responsabilidades. Estas solucións e ideas rápidas reflicten unicamente a opinión de IKEA, é dicir, IKEA non se responsabiliza do uso que se faga do seu asesoramento nin dos danos e perdas que puidese sufrir o Cliente que formalice as operacións tomando como referencia o asesoramento de planificación obxecto do SERVIZO.
O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e foron sometidos a métodos de ensaio conforme as normas e estándares correspondentes. As garantías que ofrece IKEA con respecto aos seus produtos están condicionadas ao seu uso doméstico. A pesar de que algúns artigos de IKEA se recomendan para un uso doméstico-profesional, e non para institucións e administracións públicas, o Cliente deberá en todo caso e antes de mercar un produto IKEA, asegurarse de que este é legalmente idóneo para o uso que lle quere dar. Para tal fin, existen fichas descritivas dos produtos dispoñibles para consultar en tenda e na páxina web https://www.ikea.com/es/gl/. IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA, así como tampouco da súa instalación ou localización. O Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable de ter en consideración e facer uso dos produtos IKEA que eventualmente mercase segundo as especificacións técnicas e instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no fogar do Cliente consonte o libro do edificio, as obrigas de uso e o mantemento do inmoble, manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa resultantes que se poidan aplicar ao fogar do Cliente, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.
Toda a información facilitada polo Cliente, que deberá ser válida e veraz, pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA sexa responsable da veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas partes.
O Cliente exime a IKEA de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento por parte do Cliente das garantías que outorgou nos presentes termos e condicións.
No caso dalgunha causa de forza maior ou atribuíble ao Cliente que impida a IKEA realizar algunha das obrigas asumidas en virtude dos presentes termos e condicións, isto non suporá un incumprimento por parte de IKEA.
CUARTA.- MODIFICACIÓN E FINALIZACIÓN DO SERVIZO
IKEA resérvase o dereito, en todo momento e sen previo aviso, de modificar as presentes Condicións do SERVIZO, así como de actualizar, modificar ou eliminar o disposto nestas, mediante a publicación dunhas novas en substitución das presentes, a fin de que poidan ser coñecidas polos clientes en cada momento. Ademais, IKEA lembra a obriga que teñen os clientes de leren atentamente as Condicións do SERVIZO postas á súa disposición en cada momento, sendo sempre a aceptación destas un paso previo e indispensable para contratar o SERVIZO. Ademais, IKEA poderá, en calquera momento, deixar de prestar este SERVIZO e informar aos clientes de que o servizo xa non se atopa activo ou dispoñible. IKEA exclúe calquera responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza derivados do exercicio das anteriores facultades.
QUINTA.- LEXISLACIÓN E FORO
As discrepancias que poidan xurdir con relación á interpretación ou o cumprimento dos presentes termos e condicións resolveranse segundo o dereito español e os conflitos eventuais dirimiranse ante os Xulgados e Tribunais de Madrid.
SEXTA.- CAPACIDADE E ACEPTACIÓN DOS PRESENTES TERMOS E CONDICIÓNS
O Cliente declara que dispón da capacidade legal necesaria e suficiente para utilizar o SERVIZO consonte os presentes termos e condicións, os cales comprende e acepta na súa totalidade e sen reservas. O mero feito da solicitude do SERVIZO implica a aceptación total e sen reservas dos, e a submisión por parte do Cliente aos, presentes termos e condicións.