Saltar

Financiamento

Financia as túas compras
ata en 48 meses

 

Todo o que queiras coa túa IKEA VISA(1) en liña e mais en tenda física!

Paga as túas compras en tenda con comodidade, en IKEA.es ou mediante o servizo de venda telefónica ata en 48 meses.

Recorda que en IKEA.es só tes que introducir os datos da túa tarxeta IKEA VISA e poderás elixir o teu financiamento.

Goza agora e empeza a pagar o 25 de novembro*

Financia as túas compras con IKEA Visa para que poidas gozar dende agora mesmo dos produtos que máis necesitas, e cun financiamento flexible feito á túa medida. Oferta de financiamento dispoñible só en tenda física. Consulta as condicións.

*Financiamento a través da tarxeta IKEA VISA, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U, e suxeito á súa autorización. A entidade escolleu como sistema de protección dos fondos recibidos dos usuarios de servizos de pagamento que presta o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S.A. Para compras feitas entre o 04/09/2023 e o 20/09/2023: oferta de financiamento con 2 meses de carencia, o pagamento da primeira cota será a partir do 25 de novembro (o cargo efectuarase dependendo da data de cargo de cada cliente). Para as compras feitas entre o 21/09 e o 30/09: oferta de financiamento con 1 mes de carencia, o pagamento da primeira cota será a partir do 25 de novembro (o cargo efectuarase dependendo da data de cargo de cada cliente). O día 21 de cada mes péchase o período de facturación e o cliente recibe o recibo do banco entre o día 25 do mes e o 5 do mes seguinte, dependendo da data de cargo que escollera. Importe mínimo financiable: 10€. Oferta de financiamento dispoñible só en tendas físicas IKEA. Consulta as características da túa tarxeta con pagamento aprazado (revolving) aquí: www.caixabankpc.com/es/productos 

Atopa o produto que precisas

IKEA VISA

  • Acceso instantáneo e flexible ao financiamento
  • Compras ata 3000€
  • Paga a prazos entre 3 e 36 meses
  • A túa compra ata en 18 meses sen xuros TAE 0% (1)

Calcula a túa cota mensual

Máis información

Solicítaa

Financiamento para o teu negocio

  • Financia a compra de mobles para a túa empresa
  • Compras ata 20 000€
  • Paga a pazos entre 3 e 48 meses
  • O teu préstamo en cotas mensuais con TAE 7,25% (4)

Calcula a túa cota mensual

Máis información

Goza das súas vantaxes

Sinxelo

Se estás a solicitar unha tarxeta de crédito ou vas abrir unha conta en IKEA para Empresas, o proceso é doado e rápido.

Flexible

O teu espazo; as túas regras. Selecciona como pagar e como financiar a túa compra.

Accesible

Cun calendario de pagamentos flexible, podes renovar agora mesmo o espazo que queiras.

Descubre as nosas ferramentas financeiras

Imaxe dunha sala de estar reformada cun sofá e decoración

Ferramenta de orzamentos para reformas

Poderás calcular os custos do teu próximo proxecto para mellorar o teu fogar. Engade artigos e servizos, mesmo fóra de IKEA, e calcularemos o custo total. Ademais, poderás activar e desactivar os artigos e servizos que elixas de xeito dinámico.

Descubre a ferramenta

Preguntas frecuentes sobre financiamento

Solicitude da tarxeta

  • É gratuíta: non ten gastos de emisión nin de mantemento.

    É universal: válida en IKEA e en calquera establecemento onde acepten VISA.

    Fracciona o pagamento das compras en IKEA ata en 48 meses, tanto na tenda física como en liña. Para as túas compras dentro e fóra das tendas IKEA tamén podes elixir as seguintes opcións:

    • Pagar a prazos: se escolles a modalidade de pagamento aprazado ("revolving") que ofrece a túa tarxeta, cada mes elixes ti a cantidade que queres pagar a partir dun mínimo (dende 5€ ao mes)(2) e podes volver dispoñer do importe do capital amortizado.
    • Pagar todo nun único pagamento a fin de mes: con esta modalidade, tes a posibilidade de pagar a prazos as compras que queiras fóra das tendas IKEA. Fracciona a compra que desexes (superior a 30€) en tres, seis, dez ou 12 meses(3)
  • De dous xeitos:

    • Podes solicitala en liña e recibila no teu domicilio nun prazo aproximado de 15 días.
    • Podes acudir ao mostrador de financiamento da túa tenda habitual e solicitala. Mentres preparamos a tarxeta definitiva (que recibirás no teu domicilio nun prazo aproximado de 15 días), entregarémosche unha provisional para que poidas empezar a utilizala nese mesmo intre nos establecementos IKEA.
  • Só tes que presentar a seguinte documentación:

    • Un documento de identidade, como o DNI ou o pasaporte.
    • Un recibo bancario orixinal co teu nome e número de conta para a domiciliación.
    • Un orixinal dun xustificante de ingresos:
      • Última nómina.
      • Autónomos, xerentes e administradores: último IRPF (mod. 100) ou trimestre (mod. 130 ou 131).
      • Pensionistas: folla de revalorización da pensión.

    Se es cliente de CaixaBank, só precisas o teu DNI/NIE e a túa tarxeta de crédito ou débito para tramitar a solicitude.

Xestión da tarxeta

  • Para activar a túa tarxeta, descarga aquí a aplicación IKEA VISA ou entra na área de clientes IKEA VISA.

  • Onde podo consultar o PIN da miña tarxeta? 

    Se esqueciches o teu PIN, accede á aplicación IKEA VISA para obtelo ao momento.  

    Se aínda non a tes, descárgaa aquí:

  • O día 20 de cada mes pecha o período de facturación de compras.

    Podes consultar os teus movementos e canto pagar na aplicación IKEA VISA ou na área de clientes IKEA.

    Sempre que realices novas operacións no período de facturación terás dispoñible o extracto con todos os detalles dos movementos da túa tarxeta. Pagarás o importe fixado na túa forma de pagamento habitual (cota mínima na modalidade de pagamento aprazado ou "revolving": dende 5€ ao mes)(2) máis o importe de calquera compra que fraccionases en IKEA.

  • A túa tarxeta vence o día 30 de cada mes. Aínda así, se desexas cambiar a data de pagamento, dispós dos seguintes días: 5, 10, 15, 20 e 25. Podes realizar o cambio dende a aplicación IKEA VISA ou na área de clientes IKEA.

    Feito o cambio, pagarás sempre o día que indicases.

  • Podes cambiar en calquera momento a forma de pagamento habitual da túa tarxeta IKEA VISA.

    A forma de pagamento modificarase segundo a data na que fagas o cambio:

    • Do día 1 ao 20 de cada mes: modificarase a forma de pagamento do recibo actual.
    • Do día 21 ao último de cada mes: modificarase a forma de pagamento no recibo do mes seguinte.

    Poderás elixir a forma de pagamento que desexes:

    • Pagamento aprazado ("revolving")
    • Fin de mes

    Se escolles a modalidade de pagamento aprazado ou "revolving" que ofrece a túa tarxeta, cada mes elixes ti a cantidade que queres pagar a partir dun mínimo (dende 5€ ao mes)(2) e podes volver dispoñer do importe do capital amortizado.

    Se elixes a modalidade de pagamento a fin de mes, tamén tes a posibilidade de fraccionar a compra que desexes en 3, 6, 10 ou 12 meses(3).

  • No caso de perda ou roubo, bloquea inmediatamente a túa tarxeta coa aplicación IKEA VISA ou chamando ao 900 101 131 ou ao teléfono internacional 0034 933 203 324 para solicitar a baixa da túa tarxeta. Xerarase un duplicado que recibirás no teu domicilio.  

  • Coa aplicación IKEA VISA podes realizar todas as xestións da túa tarxeta dende o smartphone. Descárgaa en Google Play ou na Apple Store.

O día a día da túa tarxeta

  • Podes usar a túa tarxeta IKEA VISA en calquera establecemento no que estea aceptada ou en calquera compra en liña; non é unha tarxeta de uso exclusivo en tendas IKEA.

  • Podes usar a túa tarxeta IKEA VISA no teu smartphone coma calquera outra tarxeta. Descarga a aplicación IKEA VISA en Google Play ou na Apple Store para poder xestionar as túas compras dun modo rápido e sinxelo.

    • Na aplicación IKEA VISA
    • Na área de clientes IKEA VISA.
    • GRATIS en calquera caixeiro automático identificado co logotipo de SERVIRED
    • Chamando ao 900 101 131.
    • Consultando o teu extracto mensual

Como podemos axudarte?

Se queres obter máis información, contacta connosco en calquera das nosas canles e estaremos encantados de axudarte.


Publicidade: 1. Financiamento mediante a tarxeta IKEA VISA, a cal é emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U., e está suxeita á súa autorización. A entidade escolleu como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S.A. Consulta as características da túa tarxeta con pagamento aprazado ("revolving") aquí: https://www.caixabankpc.com/es/productos

Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18, 24, 36 e 48 meses sen xuros (TXN: 0 %. TAE mín.: 0%. TAE máx.: 2,03 %) para compras realizadas en tendas IKEA da península e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Sevilla. A TAE e o prezo do servizo pertinentes variarán segundo o importe e o prazo promocionados. Importe mínimo de 10€ para 3, 6 e 10 meses, e de 120€, 500€, 650€, 1000€ e 1700€ para 12, 18, 24, 36 e 48 meses, respectivamente. Importe máximo financiable: 3000€. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ financiada en 10 meses. TXN: 0%. TAE: 0%.  10 cotas de 150€ Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Sistema de amortización francés.

Exemplo representativo para unha compra de 1700€ financiada en 48 meses. TXN: 0%. TAE: 2,03%. Prezo do servizo pagable na primeira cota do 4%. Primeira cota de 103,42€. 46 cotas de 35,42€. Última cota: 35,26€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1768€. Custo total do crédito: 68€. Xuros: 0€. Sistema de amortización francés.

Exemplo representativo para unha compra de 1000€ financiada en 36 meses. TXN: 0%. TAE: 2,00%. Prezo do servizo pagable na primeira cota do 3%. Primeira cota de 57,78€. 34 cotas de 27,78€. Última cota de 27,70€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1030€. Custo total do crédito: 30€. Xuros: 0€. Sistema de amortización francés.

Exemplo representativo para unha compra de 650€ financiada en 24 meses. TXN: 0%. TAE: 1,96%. Prezo do servizo pagable na primeira cota do 2%. Primeira cota de 40,08€. 22 cotas de 27,08€. Última cota de 27,16€. Prezo total a prazos e importe total debido: 663€. Custo total do crédito: 13€. Xuros: 0€.  Sistema de amortización francés.

2. Elixe a túa cota mensual, dun mínimo de 5€, sempre que esta cota non sexa inferior ao importe mínimo mensual que fixamos para evitar que a túa débeda dure máis tempo. As condicións desta cota mínima son as establecidas na INE e no contrato, e poderás vela calculada no teu espazo de cliente na web ou na aplicación, así como no teu extracto mensual, en función do importe que dispuxeses. Exemplo representativo para unha compra de 1500€ coa modalidade de pagamento aprazado ("revolving"). TXN 20,88%. TAE 23%. 48 cotas mensuais de 46,35€. Xuros e custo total do crédito: 724,80€. Prezo total a prazos e importe total debido: 2224,80€. Sistema de amortización francés.

3. Servizo de fraccionamento válido para compras feitas fóra de IKEA. Poderase fraccionar cada compra superior aos 30€, sempre que a modalidade de pagamento, no momento de finalizar a compra, sexa a de fin de mes. É necesario solicitar o fraccionamento antes do día 20 de cada mes. Para fraccionar en 3 meses, importe mínimo de 30€, TXN 0%, TAE 19,77%, prezo do servizo 3% pagable na primeira cota. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, primeira cota de 545€, e de 500€ as demais, e importe total debido de 1545€. Custo total do crédito: 45€. Prezo total a prazos: 1545€. Para fraccionar en 6 meses, importe mínimo de 60€, TXN 14,95%, TAE 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 6 cotas de 261,01€, xuros de 66,06€ e importe total debido de 1566,06€. Custo total do crédito: 66,06€. Prezo total a prazos: 1566,06€. Para fraccionar en 10 meses, importe mínimo de 100€. TXN 14,95%, TAE 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 10 cotas de 160,47€, xuros de 104,70€ e importe total debido de 1604,70€. Custo total do crédito: 104,70€. Prezo total a prazos: 1604,70€. Para fraccionar en 12 meses, importe mínimo de 120€, TXN 14,95%, TAE 16,01%. Exemplo representativo: para unha compra fraccionada de 1500€, 12 cotas de 135,35€, xuros de 124,20€ e importe total debido de 1624,20€. Custo total do crédito: 124,20€. Prezo total a prazos: 1624,20€. Utilizouse o sistema de amortización francés para o fraccionamento en 3, 6, 10 e 12 meses.

4. Exemplo de financiamento de 3000,00€. Prezo ao contado 3000,00€. Prazo de 10 meses, 1 cota de 310,61€ e 9 cotas de 309,71€. Tipo debedor fixo 7,00%, TAE 7,25%. (A TAE, así como a primeira cota, poderán variar lixeiramente en función do día da firma do contrato e da data de pagamento das cotas). Xuros 98,00€. Importe total do crédito 3000,00€, custo total do crédito 98,00€, importe total endebedado 3098,00€. Prezo total a prazos 3098,00€. Con data de contratación o 02/07/2023 e do primeiro pagamento o 02/08/2023. Sistema de amortización francés. Oferta válida ata o 31/12/23. Financiamento ofrecido, e suxeito a estudo e aprobación, por parte de Santander Consumer Finance, S.A.