Saltar

Click & Collect

Co servizo de Click & Collect, ti tes o control. Fai o teu pedido en liña e elixe cando e onde recollelo. Con preto de 100 lugares de recollida e máis de 2300 oficinas de correo, poderás facelo case en calquera parte.

Si, terás que desprazarte, pero recolleremos os produtos da tenda por ti, e poderás aforrar tempo e esforzos.

Podes recoller o teu pedido nos seguintes lugares:

Tendas IKEA / Armarios IKEA / Oficinas de correo / Puntos de recollida

Tarifas

Tamaño del pedido Lugar de recogida Precio
Hasta 25kgOficinas de Correos1€
Sin límite de pesoTiendas y taquillas IKEAGRATIS por compras superiores a 70€ (resto 5€)
Sin límite de pesoPuntos de recogida5€

Podes recoller o teu pedido en:

Oficinas de correoTendas IKEA / Armarios IKEA / Puntos de recollida

Funcionamento

Nunha tenda IKEA

Recollemos os produtos por ti e preparamos o teu pedido en tres horas para que só teñas que cargalo no coche. 

  1. Selecciona Click & Collect como método de entrega ao facer a túa compra en liña e elixe "Nunha tenda IKEA"
  2.  Elixe a data e a franxa de tempo nas que queiras recoller a túa compra.
  3. Antes do pagamento, unha mensaxe amosarache o lugar de recollida.
  4. Recolle o teu pedido na tenda que elixises.

Nos armarios IKEA

Os armarios* están dispoñibles as 24 horas do día e os sete días da semana. Son a mellor opción cando os teus horarios e os nosos non coinciden.

  1. Selecciona Click & Collect como método de entrega ao facer a túa compra en liña e elixe "Nos armarios da tenda".
  2. Unha vez preparado o pedido, enviarémosche un SMS cun código para recollelo.
  3. Recolle o teu pedido inserindo o código na pantalla do armario para abrilo. Xa podes gozar da túa compra!

* Servizo dispoñible nas tendas de Alcorcón, Málaga e San Sebastián de los Reyes.

En puntos de recollida

Se o prefires, tamén temos máis de 70 puntos de recollida para estar un pouquiño máis preto de ti.

  1. Selecciona Click & Collect como método de entrega ao facer a túa compra en liña e elixe "Noutros puntos de recollida".
  2.  Elixe a data e a franxa de tempo nas que queiras recoller a túa compra.
  3. Antes do pagamento, unha mensaxe amosarache o lugar de recollida.
  4. Recolle o teu pedido no punto que elixises.

Nunha oficina de correo

Se o teu pedido é pequeno, achegámoscho a unha oficina de correo por pouco máis do que custa a nosa bolsa FRAKTA.

  1. Selecciona Click & Collect como método de entrega ao facer a túa compra en liña e elixe "Nunha oficina de correo ou nun punto IKEA"
  2. Elixe entre máis de 2300 oficinas de correo para recoller o teu pedido. Podes velas aquí
  3. Avisarémoste cando o teu pedido se poida recoller na oficina de correo elixida. 

Se o teu pedido é mediano ou grande, poderás elixir esta modalidade de recollida só nas oficinas de correo da Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha e Cataluña que atoparás no despregable de embaixo,* sempre e cando o peso máximo por vulto non supere os 60 kg. 

  • Oficina de correo en Av. Valladolid, 39

    28008, Madrid
    Horario: de luns a venres de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h

    Oficina de correo Rda. del Cañillo, 17

    45600, Talavera de la Reina, Toledo
    Horario: de luns a venres de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00h

    Oficina de correo C/ Danubi esq. Avda. Europa

    08174, Sant Cugat del Vallés
    Horario: de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

    Oficina de correo C/ Viejo Salou 7

    43006, Tarragona
    Horario: de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h

    Oficina de correo C/ de la Indústria, 26

    17005, Xirona
    Horario: de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

    Oficina de correo C/ Italia 3

    08228, Manresa
    Horario: de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h

Onde recoller o teu pedido

Se necesitas coñecer o horario completo de apertura, vai a "Consultar detalles". Esta opción aparecerá sobre o mapa cando marques o teu punto IKEA.