Pagamento

Que formas de pagamento aceptades en tenda?

Nas tendas IKEA podes realizar o pagamento coas tarxetas VISA, Mastercard, 4B, American Express, a nosa tarxeta IKEA VISA, tarxetas regalo IKEA, tarxetas devolución IKEA e/ou diñeiro en efectivo. De acordo á Lei 7/2012, non se admiten pagamentos en efectivo para operacións iguais ou superiores a 2.500 euros. A partir dos 2.499 €, o pagamento ha de facerse necesariamente en tarxeta ou cheque.

O pagamento por transferencia é válido unicamente para os clientes Business (autónomos ou empresas), que se darán de alta a través da nosa plataforma de IKEA BUSINESS.

Podes pagar con tarxeta regalo ou devolución e combinalas co resto de formas de pagamento dispoñibles. 

Cales son as formas de pagamento para pedidos en liña?

Podes pagar a túa compra en liña con:

  • A túa tarxeta de crédito ou débito (VISA ou MasterCard).
  • Coa túa tarxeta American Express.
  • A través da túa conta PayPal. Con PayPal podes pagar de xeito seguro todas as túas compras en www.ikea.es sen custos adicionais.
  • Podes fraccionar as túas compras coa túa IKEA VISA. A compra en liña será fraccionada automaticamente a 10 meses sen xuros. Só tes que introducir os datos da túa tarxeta IKEA VISA á hora de pagar. (1) Unha vez finalizada a compra, poderás cambiar o fraccionamento desta compra ao modo de pagamento habitual que teñas asignado na túa tarxeta a través da App IKEA VISA ou chamando o 902 101 335.
  • Agora poderás empregar a túa tarxeta regalo nas túas compras en liña sempre que a modalidade de entrega da túa compra sexa Paquetaría ou Envío a domicilio distinto de Envío rápido. 

(1) Oferta financeira realizada por CaixaBank Consumer Finance E.F.C. e suxeita á súa aprobación. TXN: 0%. TAE: 0 % para compras realizadas na tenda en liña de IKEA. Oferta válida ata o 31/08/2019. Importe mínimo a financiar: 10 €. Importe máximo a financiar: 15.000 €.

Tarxetas regalo

Coa tarxeta regalo IKEA acertarás seguro! Podes adquirir unha tarxeta regalo en todas as nosas tendas. Elixe o importe e lévaa. A tarxeta regalo IKEA non ten caducidade e, se o desexas, podes utilizala de forma fraccionada segundo necesites.

Agora tamén a podes mercar na nosa web e recibila por correo electrónico premendo aquí.

É válida en calquera tenda da Península Ibérica e podes empregala en calquera dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Croacia, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Rusia, Eslovaquia, Suecia e Suíza.

En caso de extravío, recordámosche que as tarxetas regalo non son nominativas, polo que a súa perda é insubstituíble. Para consultar o saldo da túa tarxeta, acude ao mostrador de Atención ao Cliente da tenda ou chámanos o 900 400 922.

Ofrecedes opcións de financiamento ou crédito sen xuros?

Podes financiar as túas compras coa nosa tarxeta IKEA Visa. É gratuíta e non ten gastos nin de mantemento nin de emisión. Ademais, é válida nas nosas tendas IKEA e en calquera outro establecemento que acepte VISA.

Para financiar as túas compras en liña, paga coa túa IKEA VISA en IKEA.es e fraccionaremos a túa compra de xeito automático a 10 meses sen xuros (1). Se o prefires, poderás cambiar o fraccionamento desta compra ao modo de pagamento habitual que teñas asignado na túa tarxeta a través da App IKEA VISA ou chamando ao 902 101 335.

Podes realizar todas as xestións da túa tarxeta dende o teu teléfono intelixente coa App IKEA VISA (descárgaa en Google Play ou Apple Store) ou chamando ao 902 101 335.

Para solicitar a túa tarxeta, visita a páxina web e coñece todas as vantaxes e condicións.

En caso de perda ou roubo da túa tarxeta, bloquéaa inmediatamente coa App IKEA VISA, ou chama ao 902 101 335 ou ao teléfono internacional 0034 915 192 100 solicitando a baixa da túa tarxeta. Xerarase un duplicado que recibirás no teu domicilio.

(1) Oferta financeira realizada por CaixaBank Consumer Finance E.F.C. e suxeita á súa aprobación. TXN: 0%. TAE: 0 % para compras realizadas na tenda en liña de IKEA. Oferta válida ata o 31/08/2019. Importe mínimo a financiar: 10 €. Importe máximo a financiar: 15.000 €

Facturas e tíckets

En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada, en formato tícket. Se necesitas unha factura ordinaria, debes solicitala antes de realizar o pagamento na mesma caixa. Por razóns legais, non existe posibilidade de ofrecer duplicados de tíckets.

Necesitas unha Factura? Nas nosas tendas podes obter unha "factura simplificada" en lugar do antigo tícket de compra e solicitar na mesma caixa a túa "factura ordinaria". Ademais, na túa tenda IKEA poden axudarche, tanto na mesma liña de caixas como en Atención ao Cliente.

En calquera caso, se non podes acudir á túa tenda ou tes un tícket antigo, remítenos por correo postal o teu tícket de compra orixinal xunto co formulario completado que encontrarás aquí abaixo. Nun prazo aproximado de dúas semanas, recibirás a túa factura e o tícket no enderezo solicitado.

Solicitude de facturas*

Solicitude de duplicados**

* Compraches en IKEA Baleares ou Canarias? Visita a tenda.
** Só se emiten duplicados de facturas xa existentes. IKEA non facilita duplicados de tíckets.

Existen varios supostos nos que un cliente pode solicitar a devolución de IVE pagado nas súas compras:
 
1. DEVOLUCIÓN DE IVE A CLIENTES EN RÉXIME DE VIAXEIROS. 
Se es un cliente particular residente nun país estranxeiro non-comunitario ou residente en Ceuta, Melilla ou Illas Canarias, poderás solicitar o reembolso do IVE das túas compras realizadas en IKEA. Para compras realizadas a partir do 05/07/2018, a solicitude non require dun importe mínimo de compra. As compras anteriores a esta data deben superar, para solicitar o reembolso de IVE, un importe mínimo de 90,15 euros.
 
Onde teño que xestionar a miña solicitude?
Primeiro, para xestionar a túa solicitude, deberás dirixirte ao departamento de Atención ao Cliente de calquera das nosas tendas. É imprescindible levar contigo a túa factura ordinaria da compra e o teu documento de identificación (pasaporte, tarxeta de residencia...). Recorda que a factura ten que incluír os teus datos fiscais e debe emitirse ao domicilio do teu lugar de residencia: isto é o que che dá dereito á devolución de IVE. 
 
Por último, deberás selar electronicamente nos quioscos DIVA ou nas oficinas da alfándega, situadas nos portos e/ou aeroportos, o Documento Electrónico de Reembolso (DER) emitido en tenda. Dispós dun prazo de 3 meses a partir da data de compra da mercadoría.
 
Como podo solicitalo?
Indícanos en Atención ao Cliente a través de que modalidade queres solicitar o reembolso do IVE (Global Blue ou IKEA), para que poidamos emitirche correctamente o Documento Electrónico de Reembolso (DER).
 
- A través de Global Blue: Nestes casos, a devolución de IVE solicitarase a través da entidade colaboradora Global Blue. O reembolso será inmediato (mediante abono en tarxeta de crédito ou en efectivo) unha vez que entregues toda a documentación nas súas oficinas situadas nos portos e aeroportos. Esta entidade cobrarache unha comisión.
 
- A través de IKEA: Nestes casos, a devolución solicitarase directamente a IKEA. O reembolso será íntegro a través de transferencia bancaria e realizarase aproximadamente no prazo de 15 días hábiles, unha vez que recibamos toda a documentación solicitada ao seguinte enderezo:
DEVOLUCIÓN ÍNTEGRA - Apartado de correos 157 FD, 28080 Madrid. 
 
Que documentación necesito achegar en cada unha das modalidades?
 
- A través de Global Blue: o DER selado electronicamente e o número de tarxeta de crédito onde queres que che realicen o reembolso (tamén poderán reembolsarte en efectivo)
 
- A través de IKEA: O DER selado electronicamente, copia do teu documento identificativo (pasaporte, tarxeta de residencia...) e número de conta bancaria (SEPA*) onde queres que se realice a transferencia.
 
* Zona única de pagamentos en euros (SEPA, polo seu acrónimo en inglés) é a área na que cidadáns, empresas e outros axentes económicos poden efectuar e recibir pagamentos en euros en Europa, dentro e fóra das fronteiras nacionais, nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos e obrigas, independentemente do lugar en que se encontren. 
 
2. DEVOLUCIÓN DE IVE A DIPLOMÁTICOS E EMPRESAS QUE REALIZAN UNHA EXPEDICIÓN COMERCIAL. 
Se es un cliente e es persoal diplomático, consular ou da OTAN, ou ben es unha empresa (tanto comunitaria coma non-comunitaria), deberás solicitarnos directamente o IVE seguindo as instrucións do seguinte formulario:
 
Formulario de devolución de IVE (IKEA Ibérica)
Formulario de devolución de IVE (IKEA Barakaldo)
 
Unha vez selada a factura fisicamente na alfándega, xunto co formulario cuberto e o resto de documentación, deberás enviarnos todo o expediente ao seguinte enderezo de correo: IKEA IBÉRICA, SAU; Avenida Matapiñonera nº 9; 28703 San Sebastián de los Reyes (Madrid)
 
O reembolso realizarase integramente no prazo de 15 días hábiles, unha vez recibida toda a documentación correctamente no enderezo indicado.
 

Para poder realizar a solicitude de devolución de IVE, é imprescindible que dispoñas de factura ORDINARIA. No caso de empresa, deberás selar a factura na alfándega ou realizar o DUA no prazo de 1 mes a partir da data de compra da mercadoría.

 

3. EN CALQUERA OUTRO SUPOSTO. 

Pide información no departamento de Atención ao Cliente da túa tenda ou no correo so.devolucioniva.es@ikea.com.

IKEA Business é un servizo exclusivo para autónomos e empresas. Benefíciate de descontos por volume de compra, paga da forma que che resulte máis cómoda coa tarxeta IKEA BUSINESS e goza de servizos específicos para o teu negocio. Queres unirte a IKEA BUSINESS? Coñece todas as vantaxes e dáte de alta.