Saltar
Ir á lista de produtos

Verán

Espontaneidade para o verán

Faite cos artigos lixeiros da serie STRANDÖN, entre os que se inclúen hamacas pregables, cadeiras de praia e mantas de pícnic, para gozar dos días fóra da casa.

Un parasol STRANDÖN de lunares en amarelo/branco aberto sobre unha hamaca STRANDÖN en amarelo/azul, a carón de dúas botellas de auga FORMSKÖN.
    Unha botella de auga SPARTANSK aberta e un coitelo de pelar UPPFYLLD enriba dunha mesa/bandexa para interior e exterior STRANDÖN de cor verde claro.
    Primeiro plano das pernas dunha persoa tombada na praia enriba dunha manta de pícnic STRANDÖN, dentro dunha tenda de campaña despregable STRANDÖN de cor verde/azul.
    Nun día soleado, unha cadeira de praia STRANDÖN de cor branca, verde e azul, e unha bolsa isotérmica SOMMARFLOX con estampado de cor verde brillante nun peirao.
    Unha manta de pícnic STRANDÖN con estampado de follas en branco/verde dentro dunha tenda de campaña despregable STRANDÖN en verde/azul.

    Os cativos só queren xogar!

    Queres preparar unha grellada ou un pícnic cos nenos? Recomendámosche que teñas varios pratos KALAS á man e que penses en petiscos e xogos infantís como, por exemplo, un xogo de pesca como os das ferias con premios dentro de bolsas con peche reutilizables ISTAD, para que o pasen ben durante todo o día.

    Velaquí todos os produtos de pícnic e para levar
    Dous cativos utilizan cubertos KALAS para picar anacos de froita de pratos KALAS. Hai catro cuncas KALAS enriba da mesa.
      Dous cativos ledos porque un deles pescou cun pau unha bolsa con peche reutilizable ISTAD que contén un premio.
        Velaquí todos os produtos de pícnic e para levar

        Atopa os mellores accesorios de viaxe

        Calquera persoa aventureira ten que explorar a nosa enorme gama de mantas de pícnic, friameiras e farois, necesarios para calquera excursión ao aire libre.

        Velaquí todos os accesorios de pícnic
        Dúas persoas sentadas enriba dunha manta de pícnic FJÄLLMOTT de cor verde escuro/negra ao lado dun tallo pregable NÄMMARÖ tinguido de marrón claro.
          Unha manta de pícnic FJÄLLMOTT de cor verde/negra enrolada e un tallo NÄMMARÖ tinguido de marrón claro pregado enriba dunha roca.
            Velaquí todos os accesorios de pícnic

            Un verán para compartir

            A nova colección ÖMSESIDIG inclúe moitos accesorios moi expresivos como vasos e mantas de pícnic, perfectos para as reunións estivais. Chin, chin!

            Velaquí a colección ÖMSESIDIG
            As mans de catro persoas brindando con vasos ÖMSESIDIG. Están sentadas enriba dunha manta de pícnic con pratos, comida e panos de mesa.
              Catro persoas nun pícnic preparado enriba dunha manta ÖMSESIDIG con comida, froita, petiscos, panos de mesa e unha bolsa isotérmica ÖMSESIDIG.
                Velaquí a colección ÖMSESIDIG

                Leva a festa a calquera parte

                Non fai falla ningún motivo para celebrar unha festa. Pilla unha mesa e un bo sitio, pide unhas cantas pizzas e reúne os teus mellores amigos. Engade varios vasos e copas para exterior, bebidas refrescantes e iluminación sutil para crear o ambiente perfecto para unha noite de verán.

                Velaquí todos os produtos para festas de verán
                Unha persoa que leva unha camisa de cor morado claro e uns vaqueiros con raias sentada mentres suxeita un vaso KALLSINNIG cheo de limoada.
                  Unha mesa posta cun mantel e panos de mesa SOMMARFLOX. Unha persoa corta un anaco de queixo co coitelo para queixos SKÄRLÅNGA.
                    Velaquí todos os produtos para festas de verán

                    Click & Collect

                    Pedidos para recoller

                    Máis información

                    Entrega e retirada

                    Adeus ao vello para abrir camiño ao novo

                    Máis información