Saltar
Ir á lista de produtos

Traballar desde casa

Goza da oficina nun recuncho

Quizais non é o despacho co que soñas, pero si pode converterse nun espazo de traballo profesional. Só precisas un escritorio de esquina para gozar de máis espazo e unha base para o monitor que oculte a desorde.

Velaquí todos os escritorios e mesas para ordenador
Sala de estar cunha pequena oficina nun recuncho que consta dun escritorio de esquina BEKANT e dunha base para monitor ELLOVEN.
Base para monitor ELLOVEN sobre un escritorio. O caixón da base está aberto, e no seu interior hai varios utensilios.
Velaquí todos os escritorios e mesas para ordenador

Traballa na casa como mellor che vaia

Volver ás rutinas e equilibrar a vida persoal e a laboral pode supoñer todo un reto, sobre todo ao traballar desde o fogar. Atopa ideas e consellos prácticos nas seguintes historias.

Saúde no traballo

Cristaliza as túas boas intencións. Decora o teu escritorio con accesorios cos que gozar de pequenas pausas para estirarte. E ten sempre preto de ti auga e petiscos saudables para non perder a enerxía.

Velaquí toda a cristalaría e xerras
Escritorio cun reloxo de area EFTERTÄNKA, un vaso de auga e un marco de fotos LERBODA, no que se poden ver varios estiramentos de ioga.
Escritorio cunha xerra KARAFF transparente, un vaso DYRGRIP, unha barra de noces MUNSBIT e un debuxo a lapis.
Velaquí toda a cristalaría e xerras

Sentarse ben para sentirse mellor

Como saberás, escoller unha cadeira axeitada pode ser moi importante á hora de traballar. Coida das túas costas e do teu corpo en xeral cunha cadeira cómoda e ergonómica que che dea apoio durante todo o día (e se é bonita, mellor).

Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar
Escritorio LISABO en chapa de freixo cun portátil, dous estantes para cadros na parede e unha cadeira de traballo HATTEFJÄLL diante do escritorio.
Unha muller sentada nunha cadeira de oficina FLINTAN negra xunto a un escritorio sentado/de pé RODULF gris cun ordenador e un moble de caixóns.
Cadeira de oficina beixe e branca, un escritorio branco, taboleiros perforados brancos, sistema de almacenaxe e estantes BOAXEL e armarios de carballo ENHET en branco.
Cadeira de oficina FLINTAN beixe xunto un escritorio con taboleiro LAGKAPTEN gris escuro nun cuarto con láminas enmarcadas nas paredes.
Unha persoa cunha camisa e uns vaqueiros azuis sostén un lapis na man e está sentada nunha cadeira xiratoria ODGER en antracita, xunto a unha mesa.
Velaquí todas as cadeiras de escritorio para o fogar

Montaxe

Un servizo profesional para a casa ou o traballo

Máis información

Planificación e consultas

Consellos personalizados de especialistas

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en liña

Máis información