Sofás de 2 prazas de pel sintética

Arrecúnchate nun sofá de dúas prazas de pel sintética para ver unha peli. Como nunha película, o material non é auténtico, pero a comodidade, o aspecto e a sensación dun pequeno sofá de pel sintética é tan real como a vida mesma. Ademais, o tecido revestido resistente é doado de limpar, polo que non terás que preocuparte se o final sorpresa dalgunha película che fai derramar a bebida.