Sofás cama

Sofás cama para durmir, ler e ver a tele

Tanto se necesitas sofás cama para os teus convidados coma para usalos a diario, podes encontrar o que buscas na nosa gama de sofás camas: elegantes e doados de utilizar. Moitas das nosas camas contan cun espazo de almacenaxe integrada para que non teñas que preocuparte de gardar a almofada e o edredón cando non as usas. Outros deseños permiten gardar cousas debaixo, deste xeito poderás utilizar algunha das nosas caixas de almacenaxe para aproveitar ese espazo. Cando se utilizan como sofás, os nosos sofás cama proporcionan un cómodo apoio cando sentas, e os que levan escuma viscoelástica recuperan a súa forma cando te ergues.

 

Sofás cama: versatilidade e variedade

Os nosos sofás cama, sofás cama de esquina e cadeiras de brazos con cama adoitan combinar ben con outros asentos, como os da gama EKTORP. E algúns teñen rodas para que sexa doado movelos. Todos os nosos produtos se transforman de xeito rápido e doado de asentos a camas, e viceversa. As camas LYCKSELE, BEDDINGE e IKEA PS comercialízanse con diferentes colchóns para que poidas elixir o que mellor se adapta ao teu corpo. Moitas veñen tamén con fundas extraíbles, para que cambies o seu deseño cada vez que che apeteza un cambio de cor ou estampado.