Saltar
Ir á lista de produtos

Produtos de xardín e terraza

Mobles de exterior para espazos pequenos

Os mobles de xardín, como os das series NÄMMARÖ e SEGERÖN, ofrecen unha ampla gama de asentos e sofás modulares, polo que seguro que hai algo para todos os espazos exteriores, sexan pequenos ou grandes.

Velaquí todo os mobles de exterior
Un recuncho asollado ao aire libre cunha manta INGABRITTA e outros téxtiles sobre un banco NÄMMARÖ tinguido de marrón claro á beira dunha parede de ladrillo vermello.
Unha manta nunha cadeira SEGERÖN á beira dunha mesa de centro LÅGASKÄR nun patio de grixo salpicado de flores e plantas vizosas.
Velaquí todo os mobles de exterior

Hoxe ceamos ao aire libre

Cando fai bo tempo e se respira a calor do verán, non hai mellor lugar para cear có exterior. Atopa aquí os mobles de exterior que mellor se adapten a eses momentos.

Serie NÄMMARÖ: a elegancia dos listóns de acacia, doados de combinar, adáptase á perfección ao teu espazo exterior
Serie SEGERÖN: módulos finos de corda e metal estilizados que che permiten crear conxuntos elegantes para calquera reunión ao aire libre.
Serie GRILLSKÄR: módulos para dar forma a un recuncho de cociña personalizado, dende módulos individuais ata unha cociña ao aire libre a gran escala

Agocha unha parede fea (ou os teus veciños)

Os separadores para exteriores axúdante a cubrir muros ou cables antiestéticos e a crear espazo persoal. Así poderás dedicar toda a túa atención a relaxarte ou entreterte.

Velaquí todos os protectores contra o vento e o sol
Unha cadeira SEGERÖN e unha mesa de centro LÅGASKÄR en beixe diante dun separador LUNGÖN con flores e unha planta á beira.
Unha terraza con separadores NÄMMARÖ que dan sombra a un banco NÄMMARÖ tinguido en marrón claro con fundas de coxín GULLBERGSÖ.
Velaquí todos os protectores contra o vento e o sol

Montaxe

Un servizo profesional, no fogar ou no traballo

Máis información

Click & Collect

Pedidos para recoller

Máis información

Opcións de pagamento

Como pagar, na tenda e mais en Internet

Máis información

O aire libre mantennos contentos e saudables de moitas maneiras. Un espazo asollado que poidamos sentir noso é algo que paga a pena coidar. En IKEA temos produtos de xardín, accesorios e obxectos decorativos de exterior para mellorar o teu espazo ao aire libre. Converte o teu patio no lugar perfecto para socializar, ou o teu balcón nun oasis de relaxación. Observa como florece o teu xardín con plantas coloridas ou cultiva as túas propias verduras. Tanto se buscas produtos para un patio grande como para un balcón estreito, atoparás moitas ideas na nosa gama de produtos de xardín.

Produtos de xardín para a zona de comedor

Se tes espazo dabondo, a mesa de comedor e as cadeiras de exterior son esenciais para o verán. Atoparás de todo, dende mobles de comedor de exterior lixeiros e pequenos que se poden gardar, ata mesas de comedor e cadeiras grandes e robustas que resisten as inclemencias do tempo. Escolle a mesa de comedor e as cadeiras por separado, ou bota unha ollada aos nosos completos conxuntos de comedor de exterior. Tamén temos os accesorios para engadir ese acolledor toque final. Con cómodos coxíns de exterior e unha romántica iluminación de exterior, nunca quererás que rematen as veladas.

Mobles de xardín e accesorios para ese recuncho tranquilo

Crea a sensación dunha sala ao aire libre cun cómodo sofá na esquina do balcón. Bota unha soneca ao sol nunha das nosas hamacas. Ou fai provisión de libros e pasa as fins de semana lendo nunha hamaca de xardín. Se engades un parasol colgante, poderás gozar da refrescante sombra nun día caloroso. Hai moitas formas de converter o teu espazo ao aire libre nun auténtico paraíso de aire fresco, natureza e relaxación. A nosa gama de produtos para exteriores conta con mobles de xardín accesibles e elegantes accesorios para o patio, así que busca o estilo que máis che guste.

Prepárate para plantar cos produtos de xardín IKEA

As plantas e as flores poden alegrar o teu fogar nun instante. Achégase a tempada de xardinaría e en IKEA atoparás todo tipo de material para esas tarefas. A nosa colorida gama inclúe plantas de interior e exterior que poden plantarse en testos ou nunha xardineira.